ALCALDÍA
Con respecto ao transcurso das Festas do Apóstolo ata a data, tamén quixo salientar "o comportamiento da cidadadanía" que foi "dun nivel superior ao habitual", permitindo o desenvolvemento dos diferentes eventos culturais, festivos e manifestacións políticas nun clima de "total convivencia e normalidade".
Xosé Sánchez Bugallo tamén anunciou os "excepcionais" datos turísticos da cidade nos últimos meses, entre os que se atopan "os mellores meses de abril, maio e xuño da historia en termos de turistas na nosa cidade". Nesta liña, o rexedor salientou que "os datos dos primeiro semestre deste ano son superiores aos do 2019", o que tamén se reflicte no incremento das cifras de pernoctacións.
O alcalde agradece á Familia Real a súa presenza en Santiago con motivo do Ano Santo 2022
29/07/2022 Xosé Sánchez Bugallo quixo agradecer publicamente á Casa Real a súa asistencia aos actos de celebración do pasado 25 de xullo por terceiro ano consecutivo. O alcalde tamén puxo en valor o "comportamento impecable" de toda a cidadanía compostelá, feito que contribuiu a que a primeira semana das Festas do Apóstolo se desenvolvese sen contratempos.
Na súa intervención durante a rolda de prensa semanal, o alcalde quixo trasladar o seu agradecemento de forma pública á Súa Maxestade o Rei Felipe VI, á Raíña Dona Letizia e ás Infantas Leonor, Princesa de Asturias, e Sofía, pola súa participación o pasado 25 de xullo no tradicional acto da ofrenda do Apóstolo. Para o rexedor a presenza da Casa Real na cidade por terceiro ano consecutivo é "un motivo de orgullo así como un espaldarazo ao Ano Santo".Con respecto ao transcurso das Festas do Apóstolo ata a data, tamén quixo salientar "o comportamiento da cidadadanía" que foi "dun nivel superior ao habitual", permitindo o desenvolvemento dos diferentes eventos culturais, festivos e manifestacións políticas nun clima de "total convivencia e normalidade".