PLENO
Ademais, no texto pídese que se "manteña unha oferta de servizos de media distancia en convivencia e non con prevalencia de servizos comerciais de longa distancia ou AVE que conectan a nosa Comunidade co resto da península", así como "a puntualidade e fiabilidade dos servizos de Media Distancia e Avant, e a intermodalidade, particularmente no uso combinado coa bicicleta".
No último punto, os catro grupos municipais, tamén incidiron na importancia de avanzar cara unha política tarifaria que adapte o prezo dos abonos "á realidade socioeconómica actual e mellorando a flexibilidade na utilización dos mesmos, establecendo criterios sociais para garantir o acceso universal ao tren a todas as persoas usuarias."
Outros puntos
Durante a sesión plenaria tamén se aprobaron varios puntos relativos a expedientes de crédito extraordinario, suplementos de crédito e recoñecemento extraxudicial de crédito, co fin de acelerar o pago das facturas pendentes a empresas externas. Estes puntos foron aprobados cos votos a favor do Grupo Socialista, e a abstención do resto de grupos da oposición.
Nas súas intervencións, tanto a concelleira de Economía, Facenda, Marta Abal como o alcalde, pediron desculpas ás empresas polos atrasos nos pagos, "debido a problemas administrativos e económicos que fixeron que non se puideran aboar as facturas" e subvencións "en tempo e prazo", segundo aclarou o rexedor.
O Pleno aproba unha moción conxunta en prol da recuperación e racionalización dos servizos ferroviarios en Galicia
31/05/2022 Na sesión ordinaria do Pleno celebrada este martes, a Corporación municipal consensuou unha moción conxunta para reivindicar a recuperación dos servizos e infraestruturas ferroviarias de Galicia, con mellores frecuencias e tarifas que permitan garantir o acceso universal a todos os usuarios que se desprazan a ou desde Santiago, especialmente por motivos laborais.
O Pleno da Corporación deu luz verde á moción de urxencia, consensuada por todos os grupos municipais, na que se demanda a reposición dos servizos ferroviarios que foron eliminados como consecuencia da pandemia do Covid-19 e da chegada do AVE a Galicia, e que se garanta "o funcionamento dos servizos e conexións nos horarios acordados, adaptando as frecuencias nos servizos de Media Distancia e Avant de forma que se facilite a súa utilización nos horarios habituais de entrada e saída do traballo, tanto en xornadas continuas como partidas."Ademais, no texto pídese que se "manteña unha oferta de servizos de media distancia en convivencia e non con prevalencia de servizos comerciais de longa distancia ou AVE que conectan a nosa Comunidade co resto da península", así como "a puntualidade e fiabilidade dos servizos de Media Distancia e Avant, e a intermodalidade, particularmente no uso combinado coa bicicleta".