XUNTA DE GOBERNO
As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administración públicas. O Departamento de Educación do Concello de Santiago facilitará os correspondentes impresos de solicitude do programa e publicará a lista de admitidos e, no seu caso, excluídos e listas de agarda, na páxina web do concello de Santiago.
O programa de actividades é de balde. As persoas solicitantes deberán estar empadroadas no concello de Santiago, ou estar matriculadas en algún dos centros educativos do noso municipio.
Hai seis quendas: do 23 de xuño ao 1 de xullo (6 días); do 4 ao 15 de xullo (10 días); do 18 ao 29 de xullo (9 días); do 1 ao 12 de agosto (10 días); do 17 ao 31 de agosto (11 días) e do 1 ao 9 de setembro (aproximadamente 7 días). O horario será de 9:00 a 14:00 horas. Ofrécese a posibilidade de que as familias poidan solicitar ademais un servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e un servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas).
Por cada unha das quendas hai 180 prazas para obradoiros e actividades. Para almorzó hai 90 prazas e para xantar outras 90.
Centros Socioculturais
O executivo municipal tamén adxudicou o contrato que ten por obxecto a "Xestión da rede de centros socioculturais do Concello de Santiago de Compostela. Lote I: Animación sociocultural; Lote II: Bibliotecas; Lote III: Atención ao público (reservado a Centros Especiais de Emprego D.A. 4ª LCSP)" e de luz verde ao reaxuste das anualidades.
O lote de animación foi adxudicado á empresa Serviplus, por un importe de 1.294.700 euros. Sobre o lote de bibliotecas, a mellor oferta foi a de Atlantic Ponte, por un importe total de 423.258 euros. E o lote tres, de atención ao público, adxudicouse a Norintegra por 369.424,31 euros. En todos os casos, foron as ofertas máis vantaxosas das presentadas.
En canto ao lote catro, denominado "Servizo de Novas Tecnoloxías para a rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela" acordouse, en Xunta de Goberno, abrir o procedemento negociado sen publicidade mediante tramitación ordinaria, establecéndose un tipo de licitación de 345.671,77 euros.
A adxudicacion e xestión destes lotes é por dous anos.
Outros acordos
A Xunta de Goberno tamén aprobou o proxecto construtivo da obra "Senda peonil en Silvouta", que conta cun orzamentos de 119.874,48 euros; así como a comunicación do acordo á Deputación Provincial da Coruña para o seu coñecemento e para os efectos de continuar coa tramitación da solicitude presentada ao abeiro do plan POS+ 2022.
Tamen se deu luz verde ao inicio de procedemento de licitación do centro de transformación do SUNP 20 da Amanecida, en Vidán, no que se investirían 58.501,14 euros.
A maiores, adxudicouse o contrato do "Curso de formación de acollida de bombeiros de nova incorporación para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento" á empresa Seguridad Gallega Nosa Terra (SEGANOSA), por un importe de 59.800 euros. Esta operación está exenta de IVE.
De todos estes acordos informou, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
Aprobadas as listaxes de admitidos nas escolas infantís e os prazos de inscrición no programa municipal de conciliación para este verán
30/05/2022 A Xunta de Goberno Local aprobou as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído, así como as listas de agarda, nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, as Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2022-2023. Tamén aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do programa municipal de conciliación de verán 2022, que se desenvolverá en seis quendas entre o 23 de xuño e o 9 de setembro, nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes.
O prazo de solicitude de inscrición establécese entre o 1 e 8 de xuño de 2022 (ambos os dous inclusive). Se unha vez rematado o prazo quedan prazas libres nalgunha quenda, poderán presentarse solicitudes que se irán adxudicando por orde de entrada no Rexistro.As solicitudes presentaranse segundo modelo normalizado ben por medios electrónicos ou de xeito presencial, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administración públicas. O Departamento de Educación do Concello de Santiago facilitará os correspondentes impresos de solicitude do programa e publicará a lista de admitidos e, no seu caso, excluídos e listas de agarda, na páxina web do concello de Santiago.