TURISMO

Turismo de Santiago promociónase no Meeting & Incentive Summit (MIS), en Madrid

27/05/2022 A través do Santiago de Compostela Convention Bureau, o servizo para á promoción da cidade como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, participou no maior encontro MICE que ten lugar no noso país.

Turismo de Santiago, a través do seu servizo para a promoción da cidade como destino de Congresos e encontros profesionais, o Santiago de Compostela Convention Bureau, participou este xoves no Meeting & Incentive Summit (MIS) que tivo lugar onte xoves na capital de España.

O MIS é unha conferencia e un workshop dun só día, organizado por Eventoplus que reuniu a centenares de compradores do sector MICE de toda España, sendo o un dos maiores encontros deste tipo que se celebra no país.

Agora que o sector se está a reactivar con forza, o Santiago de Compostela Convention Bureau aproveitou este evento para dar a coñecer o noso destino nesta feira que combina dinámicas maneiras de descubrir destinos, espazos, proveedores xunto cun programa formativo.

O ente captador de eventos para Santiago de Compostela acudiu co obxectivo de continuar promocionando á capital galega como lugar perfecto para este tipo de encontros profesionais, mantendo unha axenda múltiples reunións de traballo con empresas especializadas de toda España.

Compartir: