PLENO
Ademais, Sánchez Bugallo explicou que a escolla da parcela de Mallou viu motivada por posuír "unhas condicións extraordinarias desde o punto de vista loxístico pola súa conectividade coas autoestradas, e pola súa cercanía, cunha distancia dunha escasa milla co casco histórico". Trátase dun terreo expropiado por propio requerimento do propietario, que conta "cunha supercificie de 12.000 metros e unha capacidade de edificación importante, de máis de 9.000 metros cadrados", remarcou.
Plataforma loxística de distribución
O alcalde recordou a necesidade de "poñer o foco na distribución de mercadorías no casco histórico tras completar o proceso de peonalización", porque "se dá unha situación inaceptable, especialmente entre as 10 e 11 da mañá, e os xoves pola tarde". O rexedor tamén aclarou que o proxecto Smartiago só financia "actuacións de innovación previas á posta en marcha da plataforma e tamén de control efectivo dos movementos de distribución na cidade histórica a través de cámaras de control de entrada, reductores de velocidade, etc", razón pola que "a distribución hai que financiala fóra desta iniciativa". Así, o lanzamento da convocatoria de axudas europeas Next Generation EU en agosto de 2021, "ofreceu unha oportunidade para recibir financiamento para o proxecto de construcción da plataforma loxística", que finalmente se concretou "nunha subvención de 4 millóns de euros".
Na actualidade, estase levando a cabo a expropiación complementaria para a construcción dos accesos e a tramitación do Plan Especial necesario para comezar a construcción "da que esperamos teña a aprobación definitiva no próximo mes de setembro", puntualizou. "Nos últimos días tamén se realizou na encarga para que UNINOVA poida facerse cargo da xestión integral e da elaboración de tres estudos sobre este proxecto".
Ao respecto dos plazos previstos, o alcalde explicou que "no ano 2022 completaranse todos os procesos de contratación, en 2023 e 2024 procederase á construcción da plataforma loxística e en 2025 deberá empezar a ser operativa". Ademais, "será necesario empezar a tramitar unha ordenanza de circulación que regule o funcionamento deste servizo e do reparto, e unha segunda ordenanza que regule as zonas de baixas emisións, unha vezse publique o decreto lei correspondente", engadiu.
Mocións conxuntas
O Pleno ordinario de Santiago aprobou por unanimidade a incorporación, por vía de urxencia, para tratar no apartado de mocións, dunha declaración institucional para dedicarlle unha rúa e designar fillo adoptivo de Santiago de Compostela ao pintor e médico Xulio Maside tras o seu falecemento.
O pleno tamén aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG, para apoiar o comercio e hostalería cunha campaña de dinamización cultural na contorna da Praza da Inmaculada, na cidade histórica.
Tamén obtivo o consenso de todos os grupos a moción para "coa maior urxencia, por propia iniciativa ou procurando a colaboración do Ministerio de Fomento ou da Xunta de Galicia, se proceda a realizar unha actuación urxente de mellora do firme da Ruta da Prata, no deteriorado tramo duns 100 metros que discorre nas inmediacións do paso baixo a AP-9 en Angrois". O acordo ten un punto dous, tamén aprobado por unanimidade, "proceder a reiterar ante o Ministerio de Fomento, a necesidade de recuperar a conectividade existente entre as dúas marxes da AP-9 antes das obras de ampliación da AP-9 para mellorar o acceso ás zonas agrarias de Angrois, a instalación de pantallas para a redución da contaminación acústica na zona de Angrois e a pavimentación da pista desde a Travesa de Angrois á vía de servizo da AP-9 , xunto coa mellora ambiental do Rego de Angrois, que discorre por esa zona". A moción foi presentada polo PP.
Pagamento das horas extras
Durante o pleno tamén se deu luz verde ao levantamento do reparo para o pagamento das horas extras á policía local realizadas pola policía local no mes de decembro do 2020 e polo persoal bombeiro nos meses de outubro, novembro e decembro do mesmo ano. O orzamento asignado para tal fin é de 1.248.952,18 euros "para que se adopten as medidas necesarias a fin de evitar graves prexuízos ás persoas interesadas".
O alcalde de Santiago defende o emprazamento en Mallou da plataforma loxística de distribución de mercadorías
28/04/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, defendeu, na sesión plenaria de hoxe, a ubicación da plataforma loxística de mercadorías na parcela dotacional IA-8, incluida no sector de solo urbanizable delitimado de Mallou SUD-1. As razóns argumentadas son as condicións de conectividade e cercanía cos puntos de distribución; e porque xa está en marcha "a expropiación necesaria para completar a parcela; e a a tramitación do Plan Especial necesaria para poder acometer a actuación".
Na súa intervención durante o pleno municipal, o alcalde aclarou ao respecto da plataforma loxística que hai "que ter en conta un escenario diferente", xa que "a publicación do BOE do 26 de abril nos esixe que para o día 15 de xuño deba estar iniciado o proceso de licitación do 80% do investimento da infraestrutura", o que imposibilita o cambio de emprazamento para este proxecto. Outra localización, lembrou o rexedor, "podería supor perder os case catro millóns de axuda preconcedidos polo Ministerio de Transportes, a través dos fondos Next Generation, ao ampliar os prazos de tramitación".Ademais, Sánchez Bugallo explicou que a escolla da parcela de Mallou viu motivada por posuír "unhas condicións extraordinarias desde o punto de vista loxístico pola súa conectividade coas autoestradas, e pola súa cercanía, cunha distancia dunha escasa milla co casco histórico". Trátase dun terreo expropiado por propio requerimento do propietario, que conta "cunha supercificie de 12.000 metros e unha capacidade de edificación importante, de máis de 9.000 metros cadrados", remarcou.