DEPORTES E MOBILIDADE
O itinerario é o seguinte: saída da rúa de San Francisco, Campiño de San Francisco, avda. Xoan XXIII, avda. Burgo das Nacións, avda. Castelao, rúa Vista Alegre, rúa Avío, rúa Vista Alegre, rúa Salvadas, rúa Morón, rúa Castiñeiros, Campiño de San Francisco, costa San Francisco, rúa Entrerríos, rúa Galeras, rúa Pombal, paseo dos Leóns, paseo da Ferradura, paseo Central da Alameda, campo da Estrela, avda. Xoan Carlos I, campo da Estrela, rúa da Senra, praza de Galicia, túa Fonte de Santo Antonio, tránsito da Mercé, rúa Ensinanza, rúa Virxe da Cerca, rúa Astrónomo Aller Ulloa, Porta do Camiño, rúa Rodas, rúa Algalia de Abaixo, rúa Casas Reais, rúa Travesa, rúa San Bieito, rúa Santo Agostiño, praza de Santo Agostiño, rúa Ameas, praciña de San Fiz, Travesa da Universidade, praza da Universidade, praza Mazarelos, tránsito dos Gramáticos, rúa Cardenal Payá, rúa das Orfas, rúa Calderería, rúa Preguntoiro, praza Cervantes, rúa Acibechería, Vía Sacra, rúa San Paio de Antealtares, rúa Conga, rúa Nova, Cantón do Toural, praza do Toural, rúa Vilar, praza Praterías, rúa Fonseca e chegada a praza do Obradoiro.
Este percorrido estará pechado ao tráfico entre as 21:30 e as 23:00 horas do sábado 30 de abril. Os vehículos que accedan pola rúa Rosalía Castro serán desviados pola rúa Montero Ríos, os vehículos procedentes da rúa do Romaño serán desviados dende a rotonda do Avío cara avda. Castelao, os vehículos que suban polo Hórreo serán desviados cara a rúa Doutor Teixeiro igual que os que saian da rúa Xeral Pardiñas, os vehículos que circulen pola rúa Galeras irán obrigatoriamente cara San Lorenzo. As persoas con garaxe nas rúas que comprende o itinerario non poderán entrar nin saír do mesmo durante o tempo que dure a carreira. Se fose necesario facer uso do vehículo dentro do horario indicado, deberán sacalo antes ou esperar a que volvan abrir as rúas ao tráfico ás 23:00 horas.
Carreiras Cidades Patrimonio da Humanidade
Incluída no circuíto de carreiras Patrimonio da Humanidade, este ano a carreira apoia o deporte inclusivo colaborando con ENKI, asociación que traballa pola inclusión das persoas con diversidade funcional, con especial atención aos menores, a través da práctica da cultura física e deportiva non competitiva. Con este fin, os rexistrados á carreira poderán realizar un donativo que irá destinado ao 100% á devandita asociación e cuxo fin é financiar a compra de cadeiras de rodas adaptadas.
A carreira pertence ao Circuito de Carreiras Cidades Patrimonio da Humanidade, organizado polo Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, coa colaboración de Viaxes o Corte Inglés e Paradores. O que posiblemente sexa o circuíto de carreiras populares con máis envergadura do noso calendario nacional, está composto por 15 probas que se desenvolverán ao longo do ano nas Cidades Patrimonio incluídas na Lista da UNESCO: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Conca, Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda, cunhas distancias que oscilan entre o 10 km e a Maratón. o obxectivo principal do Circuito é dar a coñecer estas 15 Cidades Patrimonio da Humanidade a través das carreiras populares e, á súa vez, fomentar a actividade física e deportiva, propiciando a ocupación do tempo de lecer nunha das prácticas deportivas máis comúns e fáciles de levar a cabo como é a carreira a pé.
Para participar no Circuito de Carreiras Cidades Patrimonio da Humanidade 2022 será obrigatorio a inscrición dos corredores a través do formulario online aloxado na páxina web do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España ciudadespatrimonio.org.
Santiago acolle este sábado a carreira nocturna SantyaGo 10k
27/04/2022 O vindeiro sábado día 30 de abril celebrarase na cidade a VI carreira SantYaGo10K Cidades Patrimonio da Humanidade, unha importante proba atlética de 10.000 metros na que está previsto que participen arredor de 1.500 corredores. Está organizada polo Concello de Santiago e o Club de Atletismo Fontes do Sar, coa participación da Real Federación Española e Federación Galega de Atletismo. Durante o transcurso da proba, as rúas do percorrido estarán pechadas ao tráfico.
Este sábado 30 de abril, Santiago acollerá a partir das 22:00 horas a VI edición da Santyago 10K, organizada polo Club Atletismo Fontes do Sar. Trátase dunha proba federada e homologada de 10km que discorrerá integramente nun circuíto urbano de asfalto e empedrado, con saída e meta desde o corazón da cidade, a Praza do Obradoiro.O itinerario é o seguinte: saída da rúa de San Francisco, Campiño de San Francisco, avda. Xoan XXIII, avda. Burgo das Nacións, avda. Castelao, rúa Vista Alegre, rúa Avío, rúa Vista Alegre, rúa Salvadas, rúa Morón, rúa Castiñeiros, Campiño de San Francisco, costa San Francisco, rúa Entrerríos, rúa Galeras, rúa Pombal, paseo dos Leóns, paseo da Ferradura, paseo Central da Alameda, campo da Estrela, avda. Xoan Carlos I, campo da Estrela, rúa da Senra, praza de Galicia, túa Fonte de Santo Antonio, tránsito da Mercé, rúa Ensinanza, rúa Virxe da Cerca, rúa Astrónomo Aller Ulloa, Porta do Camiño, rúa Rodas, rúa Algalia de Abaixo, rúa Casas Reais, rúa Travesa, rúa San Bieito, rúa Santo Agostiño, praza de Santo Agostiño, rúa Ameas, praciña de San Fiz, Travesa da Universidade, praza da Universidade, praza Mazarelos, tránsito dos Gramáticos, rúa Cardenal Payá, rúa das Orfas, rúa Calderería, rúa Preguntoiro, praza Cervantes, rúa Acibechería, Vía Sacra, rúa San Paio de Antealtares, rúa Conga, rúa Nova, Cantón do Toural, praza do Toural, rúa Vilar, praza Praterías, rúa Fonseca e chegada a praza do Obradoiro.