TURISMO
Para Turismo de Santiago, esta celebración considérase de interese para o desenvolvemento turístico da capital galega fóra da temporada alta, pola identidade gastronómica do noso destino e pola posta en valor de produtos de produción local.
Entre o 2 e o 4 de abril, as uñas de San Lázaro, que adoitan cociñarse con bertóns, patacas e chourizo, poderán degustarse en 22 locais de hostalería, moitos deles situados no propio barrio, pero tamén en restaurantes ubicados noutras zonas da cidade. A isto haberá que sumar un amplo programa festivo que inclúe pasarrúas, verbenas e, por suposto, a tradicional subasta das uñas, que ten lugar o luns 4 pola mañá.
Os locais participantes son: A Calzada, A Casa da Viña, A Taberna de San Lázaro, Doña Ana, La Bodeguilla de San Lázaro, La Finca, O Mesón de Lázaro, O Afiador, o Labrador, O Tangueiro, Pedra Santa, Restaurante Hotel San Lázaro, Susos Restaurante, Pulpería Parrillada Negreira, Brasería A Grella, Mol Bar, Taberna da Feira, Don Quijote, O Bo Xantar, A Nave de Vidán, Ultreia e Ruta Jacobea.
A historia da Festa da Uña remóntase a cando o barrio acollía aos enfermos de lepra e se ofrecían as uñas dos porcos a San Lázaro para que velara por eles e lles dera saúde aos porcos que criarían para o vindeiro ano. A Igrexa con todas estas ofrendas repartía lotes a cada familia, que se ceaban pola noite. Ademais, os bares do barrio facíanse cos primeiros lotes para que todos os composteláns puideran degustar este marabilloso manxar.
Toda a información dos locais participantes e o programa festivo pode consultarse na web de Turismo de Santiago
Volve a Festa Gastronómica da Uña de San Lázaro, con máis de 20 locais participantes
31/03/2022 Coincidindo co Quinto Domingo de Coresma, tamén chamado 'Domingo de Lázaro' ou 'Domingo de Paixón', o compostelán Barrio de San Lázaro celebra unha das festas relixiosas e gastronómicas máis senlleiras e antigas de Compostela, a Festa da Uña.
O Concello de Santiago colabora coa Asociación Gastronómica e Cultural "Orde da Uña", co obxectivo de poñer en valor a súa tradición e singularidade. Esta acción de promoción gastronómica enmárcase dentro da marca paraugas "COMPOSTELA GASTRONÓMICA", que aglutina as accións de promoción do turismo gastronómico.Para Turismo de Santiago, esta celebración considérase de interese para o desenvolvemento turístico da capital galega fóra da temporada alta, pola identidade gastronómica do noso destino e pola posta en valor de produtos de produción local.