SAÚDE
O estudo, desenvolvido pola USC a petición do Concello, ofrece unha descrición do estado actual e pasado de saúde do municipio a partir dunha serie de indicadores como a estrutura da poboación e a dinámica poboacional, as características socioeconómicas, os recursos sociosanitarios, o medioambiente e o urbanismo, as problemáticas sociais (seguridade cidadá, prostitución, senfogarismo...), a mortalidade, o estado de saúde e condutas de risco para a saúde ou a violencia de xénero.
Toda a información obtida servirá como base para planificar de forma eficaz as actuacións e medidas para promover a saúde en todas as políticas locais. Así, unha vez completada, esta diagnose porá a disposición das autoridades locais e da cidadanía unha fotografía precisa do estado de saúde do municipio, achegando evidencias sólidas para a toma de decisións neste eido por parte do Concello. Tamén permitirá establecer unha serie de indicadores que servirán de base para monitorizar a saúde do municipio no futuro.
Este estudo preliminar foi realizado polo Concello de Santiago e a Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, contando coa colaboración da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidades e do persoal da Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Rede Española de Cidades Saudables
Esta compilación de datos responde ao compromiso adquirido polo Concello de Santiago, tras a súa adhesión en 2016 á Rede Española de Cidades Saudables, de elaborar unha diagnose da situación de saúde no Concello e o posterior deseño dun plan de saúde para a cidade de Compostela, en liña coas directrices do proxecto HEALTHY CITIES da Organización Mundial da Saúde.
En cumprimento deste compromiso, e tras dous anos de parón por mor da pandemia do COVID-19, o ano pasado a concelleira Mila Castro, a través da Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD), puxo en marcha a realización do proxecto denominado "Diagnose de saúde do Concello de Santiago" co fin de dispoñer de información actualizada e completa do estado de saúde da poboación de Santiago de Compostela de cara a identificar areas de mellora na implantación de servicios e programas.
O Concello municipal de Saúde avanza na creación dun plan integral de saúde para Santiago
31/03/2022 A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presidiu o pasado martes 29 de marzo a xuntanza do Consello municipal da Saúde, no que se compartiron os resultados do estudo preliminar realizado pola USC co fin de obter información sobre o estado de saúde da cidadanía compostelá para identificar áreas de mellora nos servizos e programas. Este diagnose, que será completada coas achegas dos membros do Consello, constitúe o primeiro paso para a elaboración dun Plan de Saúde integral para a cidade, que facilitará a toma de decisión neste eido por parte do Concello.
A concelleira Mila Castro, acompañada pola xefa de Servizo de Políticas Sociais, Teresa Furelos, e pola directora da UMAD, María Carou, deu conta esta mañá en rolda de prensa da diagnose presentada durante a última reunión do Consello municipal de Saúde, "un documento que non está pechado, senón que está vivo e aberto" e que servirá como punto de partida para a elaboración dun plan integral na área da saúde para a cidade.O estudo, desenvolvido pola USC a petición do Concello, ofrece unha descrición do estado actual e pasado de saúde do municipio a partir dunha serie de indicadores como a estrutura da poboación e a dinámica poboacional, as características socioeconómicas, os recursos sociosanitarios, o medioambiente e o urbanismo, as problemáticas sociais (seguridade cidadá, prostitución, senfogarismo...), a mortalidade, o estado de saúde e condutas de risco para a saúde ou a violencia de xénero.