ALCALDÍA
A partir do 11 de marzo as persoas que así o desexen, xa poderán descargar os Bonos Corazón Concheiros-San Pedro, que contan un orzamento de 75.000 euros. Estarán en vigor ata o 31 de maio. A cidadanía poderá retiralos ata que se agote o orzamento.
Estes bonos funcionarán igual que os Bonos Corazón Compostela. O seu obxectivo é reactivar o consumo na zona de San Pedro Concheiros, despois das obras de reubanización. Permitirían facilitar compras por valor de 187.500 euros. O concello subvencionaría o 40% desas compras e/ou servizos, e o consumidor o 60%, e emitiríanse aproximadamente, entre 2.500 e 3.000 bonos. O importe dos mesmos irase consumindo nas compras en bens e servizos nos establecementos adheridos ao programa, ata o esgotamento do saldo.
Ucraína
Sánchez Bugallo explicou que o desde o Concello de Santiago estase estudando facerlle chegar " a nosa solidarieade" ao pobo ucraíno, a través de "Cruz Vermella" ou algún organismo internacional, despois de "xestos símbólicos" como a declaración conxunta condenando a agresión, por parte de todos os grupos da Corporción Municipal; ou a iluminación da fachada do Pazo de Raxoi coas cores azul e amarela da bandeira de Ucraína.
"Que a cidadanía saiba que Ucraína somos todos nós. Se o que está pasando non o paramos, as consecuencias afectaránnos a todos. Todos e todas temos claro que hai un antes e un despois do 24 de febreiro, que o futuro de Europa cambiou desde ese día", sinalou. A preguntas dos xornalistas o rexdor amosouse favorable á acollida de refuxiados".
Os Bonos Corazón Concheiros-San Pedro estarán operativos a partir do 11 de marzo
28/02/2022 A partir do 11 de marzo poderánse solicitar os Bonos Corazón Concheiros-San Pedro, que estará operativos ata o 31 de maio. Anunciouno o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa, despois de mater esta mañá, xunto ao concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, unha reunión coa Asociación de Comerciantes de Concheiros.
"Baixo un clima de colaboración", sinalou o rexedor, "acordamos os plazos. Fixamos o día 11, indicou, porque "nesa data o groso da obra estará concluído, ainda que quedarán remates, e case todo o valado retirado da rúa de Concheiros". Está previsto que uns días antes se abra o prazo para que os comercios e locais de hostalería da zona de San Pedro e da zona de Concheiros poidan anotarse no programa.A partir do 11 de marzo as persoas que así o desexen, xa poderán descargar os Bonos Corazón Concheiros-San Pedro, que contan un orzamento de 75.000 euros. Estarán en vigor ata o 31 de maio. A cidadanía poderá retiralos ata que se agote o orzamento.