MEDIO RURAL
- Desmontaxe e reparación da cuberta do edificio para a súa impermeabilización e illamento térmico e instalación de novos caneiros e baixantes.
- Levantado da carpintaría exterior existente de aluminio e colocación de nova carpintaría de aluminio lacado co rotura de ponte térmica, vidrado e persianas interiores.
- Reestruturación dos aseos para dotarlle da accesibilidade requirida e a renovación dos aparatos sanitarios e as instalacións.
- Renovación dos pavimentos dos espazos interiores con baldosas cerámicas e pintado dos seus paramentos.
- Saneo e pintado dos paramentos verticais do exterior do edificio.
- Creación dun novo espazo paro uso de almacén e de cociña para o servizo do local.
- Implantación de ramplas exteriores para dotar de accesibilidade ao edificio.
- Renovación integral da instalación eléctrica con circuítos independentes de forza e alumeado.
- Instalación de iluminación interior, exterior e de emerxencia con tecnoloxía LED
José Manuel Pichel destacou a aposta do Concello de Santiago pola zona rural, visible no capítulo VI do proxecto de orzamentos de 2022 e que se traduce no "importante incremento do investimento destinado a Medio Rural, un 56,02% pasando de 2.438.336,35 euros no ano 2021 a 3.804.378.14 euros en 2022". Desta cantidade, 1.372.826,71 euros proceden do Plan Provincial de Obras e o resto proceden de recursos propios do Concello de Santiago.
Entre as actuacións no ámbito rural financiadas íntegramente con recursos propios do Concello destacar o 1 millón de euros para obras de rehabilitación de firmes, os 841.309,48 para actuacións de saneamento e abastecemento, os 250.000 euros para á reurbanización de Meixonfrío; e 120.000 euros para a redacción de distintos proxectos.
Os fondos procedentes da deputación, a través do POS, destinaranse á pavimentación de viarios nas zonas Villestro, Laraño, Sabugueira, Verdía, Marantes, A Gracia, Marrozos, A Curuxeira e Aríns, ó acondicionamento de sendas peonís, e á ao Parque infantil e pista multideporte no parque do SUNP-25 de Roxos.
Durante o acto, no que tamén estaba presente a portavoz do BNG local, Goretti Sanmartín, o alcalde e o concelleiro de Medio Rural puideron falar e intercambiar impresións coa veciñanza da zona.
Rematan as obras de mellora do centro sociocultural da Peregrina
27/02/2022 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron hoxe o local sociocultural da Peregrina, despois das obras de mellora e acondicionamento do centro que agora, unha vez rematados os traballos, se pon a disposición da veciñanza. Ao acto asistiron numerosos veciños e veciñas, entre eles Encarna Pérez Miramontes, presidenta da asociación veciñal Río Sarela da Peregrina.
As obras enmarcáronse dentro do plan POS+ que desenvolve a Concellería de Medio Rural do Concello de Santiago en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña. Contaron cun orzamento de adxudicación de 104.323,07 euros, e un prazo de execución de catro meses. Un investimento que permitiu levar a cabo as seguintes actuacións:- Desmontaxe e reparación da cuberta do edificio para a súa impermeabilización e illamento térmico e instalación de novos caneiros e baixantes.