MEDIO AMBIENTE
Os estudantes coñeceron a historia dese carballo único e do bosque que o rodea. A xente máis nova aprendeu a recoñecer as distintas especies de árbores deste espazo natural, e tamén descubriron que este bosque era un dos lugares favoritos de Rosalía de Castro, poeta da que cantaron algúns dos seus poemas, como a célebre «Alborada».
Durante as visitas, o alumnado escoitaron falar de democracia, de liberdade, de igualdade e de fraternidade, eses ideais revolucionarios que foron entoados no Banquete de 1856 polos poetas Aurelio Aguirre ou Eduardo Pondal.
Entre os centros educativos participantes estiveron os colexios de Fontiñas, Vite, Os Remedios, os institutos Rosalía de Castro ou Antón Fraguas, entre outros. As visitas foron guiadas polo escritor e editor Henrique Alvarellos.
#1Voto1Árbore
Coincidindo coa votación no mes de febreiro polo título de Árbore Europea do 2022, o Concello puxo en marcha unha serie de iniciativas co obxectivo de pór en valor e incrementar os espazos naturais da cidade. Deste xeito xurdiu a campaña #1Voto1Árbore, coa que se anima aos colexios do municipio a participar na votación polo Carballo de Conxo, dunha forma colectiva e nunha franxa de tempo determinada. Se o centro logra o reto, o Concello plantará un novo bosque, que levará o nome do colexio. O tamaño do bosque dependerá do número de votos que sumen e haberá dous tipos: de máis de 500 árbores e de máis 1000 árbores.
O obxectivo é chegar a plantar as 100.000 novas árbores autóctonas comprometidas ata 2030, 19.000 neste ano.
Votación aberta ata o 28 de febreiro
A votación para apoiar o Carballo de Conxo está aberta ata o último día deste mes. Para votar cómpre facer o seguinte:
1. Accede á ligazón para ir á páxina do concurso.
2. Para poder votar, debes seleccionar DÚAS ÁRBORES. Que unha sexa o Carballo do Banquete, e outra que che guste (das candidatas que teñan menos votos, claro).
3. Click sobre "¡Vamos a votar!", onde debes introducir o teu email e confirmar polo menos a súa política de protección de datos.
4. Verificar o email, pulsando sobre a ligazón que che envían para que o voto sexa válido.
5. Xa está! Agora, podes repetir o proceso con outro email ;)
O Carballo de Conxo ten unha gran historia
Este histórico carballo naceu coa Ilustración. Foi testemuña en 1856 do Banquete Democrático de Conxo, acto revolucionario que reivindicou os ideais da nova Europa: Liberdade, Igualdade e Fraternidade.
Foi defendido por Rosalía de Castro nunha denuncia ecolóxica pioneira en España. O bosque que o acolle, ao pé do Camiño Portugués de peregrinación, é hoxe todo un cofre botánico, aberto ao público en 2018 cunha gran festa popular tras permanecer inaccesible durante máis dun século.
500 estudantes de Santiago e comarca realizaron este mes visitas guiadas ao Carballo de Conxo
26/02/2022 Organizadas polo Concello de Santiago, unha decena de centros educativos da cidade e da contorna coñeceron, directamente, a historia da Mellor Árbore de España 2022 e candidata a Mellor Árbore Europea do Ano.
Máis de 500 estudantes de Primaria, ESO e Bacharelato de Santiago de Compostela e comarca realizaron, durante este mes de febreiro e organizadas polo Concello de Santiago, visitas guiadas ao carballo e bosque do Banquete de Conxo, que se bate nestes días por facerse co título de Árbore Europea de 2022 no certame Tree of the Year.Os estudantes coñeceron a historia dese carballo único e do bosque que o rodea. A xente máis nova aprendeu a recoñecer as distintas especies de árbores deste espazo natural, e tamén descubriron que este bosque era un dos lugares favoritos de Rosalía de Castro, poeta da que cantaron algúns dos seus poemas, como a célebre «Alborada».