MEDIO AMBIENTE
O rexedor tamén recordou que a candidatura irá parella a unha "campaña de repoboación de carballos sementados mediante landras do histórico Carballo" que permitirá que a memoria e o ADN desta árbore se multiplique ao seu redor, nun bosque novo que recuperará a esencia do vello Bosque de Conxo do século XIX.
Programa de actividades
A xornada do luns 31 comenzará ás 9:30 cun acto de sinatura dun protocolo de actuación conxunto entre o Concello de Santiago e a Asociación Bosques Sin Fronteras. A continuación, o alcalde dirixirase á sede de Afundación na praza de Cervantes para inaugurar a exposición fotográfica "Reis do Bosque" acompañado polo director-xerente de Afundación, Pedro Otero, e a presidenta da Asociación Bosques sin Fronteras, Susana Domínguez.
Xa na contorna de Conxo, o rexedor, en compañía da propia Susana Domínguez, do director general de Biodiversidad, Bosques y Desertificación, Jorge Marquínez; e do técnico de Emprego do Concello, Xavier Ferreiro, recibirá ás 11:30 horas un grupo de escolares do Colexio Santa Apolonia para a plantación na zona do Miradoiro do Monte de Conxo de árbores autóctonas. A continuación, ás 12:15 horas, as autoridades participarán nun acto para presentar de forma oficial a campaña "Vota Carballo", que terá lugar nas proximidades do carballo.
Actividades para centros educativos
Durante esta última fase do certame da Árbore Europea do 2022, que se extenderá ao longo de todo o mes de febrero, o Concello pon a disposición do alumnado de primaria e da ESO unha serie de actividades ao aire libre para reforzar o coñecemento do medio e do patrimonio.
Entre as actividades ofertadas aos centros, destaca as visitas á Carballeira do Banquete Conxo, a participación activa na plantación de carballos así como visita guiadas á exposición "Reis do bosque", que permitirá aos máis mozos achegarse ao mundo das árbores dun xeito ameno e práctico.
Reis do Bosque
Durante todo o mes de febreiro, poderasee visitar na sede de Afundación na praza de Cervantes a exposición "Reis do Bosque" con fotografías de 30 árbores senlleiras de toda España entre as que se atopa o propio Carballo de Conxo.
Coa esta mostra, os seus autores, Susana Domínguez Lerena e Ezequiel Martínez Rodríguez, pretenden render unha homenaxe a estes seres vexetais, recollendo as súas mellores imaxes nunha sinxela exposición na que predomina a beleza cromática das fotografías e o sentido poético que teñen estes exemplares.
Ao redor desta exposición programaranse unha serie de xornadas, charlas e obradoiros monográficos así como visitas destinadas específicamente aos centros educativos.
Enquisa de Poboación Activa
Na rolda de prensa deste venres, o alcalde de Santiago tamén se referiu aos datos da Enquisa de Poboación Activa, que sitúan o numero de persoas desempregadas no municipio en 1500. O rexedor indicou que cómpre ser prudente con esa cifra porque "me parece máis realista o dato de 4.800 parados". Con todo, sinalou o rexedor, "aínda que 4.800 persoas sen traballo son moitas, é o mellor dato desde 2009". Sánchez Bugallo confía en que a situación poida ir mellorando "a partir de febreiro e, sobre todo, da Semana Santa".
Preguntado sobre os orzamentos municipais, o rexedor indicou que a previsión do goberno municipal é celebrar un pleno "o 10 de febreiro", aínda que a data definitiva dependerá de cando se dispoña dos informes técnicos.
O próximo luns preséntase a campaña "Vota Carballo" para impulsar a candidatura do Carballo de Conxo no certame Árbore Europea do 2022
28/01/2022 Con motivo da apertura o próximo 1 de febreiro do prazo de votación para escoller a Árbore Europea do Ano, o Concello comezará o vindeiro 31 de xaneiro cunha serie de actividades para promover a candidatura do Carballo de Conxo e poñer en valor o noso patrimonio natural. O alcalde de Santiago, Xose S. Bugallo, deu conta en rolda de prensa dos actos programados para o próximo luns, día no que se presenta a campaña, entre os que destacan a sinatura dun protocolo coa Asociación Bosques Sin Fronteras, a plantación de árbores autóctonas e unha exposición sobre árbores senlleiras.
Con motivo da votación internacional que se realizará do 1 ao 28 de febrero a través da páxina Tree of the Year para elixir á mellor árbore de Europa, o Concello de Santiago porá en marcha unha serie de actividades ao redor do noso patrimonio natural. Durante a rolda, o alcalde recordou que tras ser recentemente recoñecida como Árbore de España, agora o Carballo de Banquete de Conxo aspira a "converterse nunha das árbores de referencia para toda Europa" e fixo un chamamento a toda a veciñanza de Santiago "especialmente aos de Conxo" a participar nestas iniciativas e dar así respaldo ao carballo compostelán na competición europea.O rexedor tamén recordou que a candidatura irá parella a unha "campaña de repoboación de carballos sementados mediante landras do histórico Carballo" que permitirá que a memoria e o ADN desta árbore se multiplique ao seu redor, nun bosque novo que recuperará a esencia do vello Bosque de Conxo do século XIX.