ACCIÓN CULTURAL
"As casas do Concello" describe, en 32 páxinas, de que maneira a poboación de Compostela se organiza ao longo da historia para dar solución a problemáticas locais relacionadas coa xestión das rúas, a convivencia ou a seguridade. Así, o caderno conta como xa na Idade Media xorde a figura do rexedor, sempre sometido á elección do arcebispo, como cabeza visible dun consistorio que lida con asuntos cotiás como o abastecemento urbano, a limpeza, o urbanismo…O libro fai un percorrido polas diferentes localizacións que serviron de sede para o administración municipal ao longo de varios séculos ata o traslado definitivo ao Pazo de Raxoi no 1787. A actual casa do Concello, que sufriu múltiples procesos de ampliación e modernización, acolle aínda as dependencias e obxectos históricos que constitúen un patrimonio incalculable para a cidade.
Este caderno é o quinto número dunha colección de estudos de carácter divulgativo, da que xa se publicaron, en 2017, 2018 e 2019 o número 1, adicado ao Arxebispo Xelmírez baixo o título "Compostela 1117"; o número 2, "Compostela festiva"; o número 3, "Compostela nos tempos de Nós", adicada á xeración Nós; e o número 4, " A Compostela de Emilia Pardo Bazán", sobre a escritora galega. Ademais, a concelleira anunciou a continuidade desta iniciativa ao longo de 2022 coa publicación de dous novos cadernos, o primeiro deles adicado a Antolín Faraldo e que verá a luz en abril, e un segundo aínda por concretar no segundo semestre do ano.
Preséntase o caderno divulgativo "As casas do Concello", do que se editaron 10.000 exemplares
29/12/2021 A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; acompañada da investigadora e especialista en historia e patrimonio, Mercedes Vázquez Bertomeu; presentou o caderno "As casas do Concello". A publicación describe a evolución do concepto de Concello desde as primeiras asembleas veciñais abertas na Idade Media ata a adquisición total do Pazo de Raxoi en 1968, a través dun traballo de investigación rigoroso, cun formato divulgativo, no que destaca o deseño e contido.
A concelleira Mercedes Rosón salientou a "vocación divulgativa" desta publicación que "busca chegar á veciñanza de Santiago" e "ampliar o seu coñecemento da historia da nosa cidade" a través dunha tirada de dez mil exemplares, que estarán dispoñibles no Teatro Principal e nos centros socioculturais de Santiago. O labor de investigación e os contidos correron a cargo Mercedes Vázquez Bertomeu, e da tamén historiadora e investigadora, Pilar Rodríguez Suárez. As ilustracións e deseño son de Marcos Vigo"As casas do Concello" describe, en 32 páxinas, de que maneira a poboación de Compostela se organiza ao longo da historia para dar solución a problemáticas locais relacionadas coa xestión das rúas, a convivencia ou a seguridade. Así, o caderno conta como xa na Idade Media xorde a figura do rexedor, sempre sometido á elección do arcebispo, como cabeza visible dun consistorio que lida con asuntos cotiás como o abastecemento urbano, a limpeza, o urbanismo…O libro fai un percorrido polas diferentes localizacións que serviron de sede para o administración municipal ao longo de varios séculos ata o traslado definitivo ao Pazo de Raxoi no 1787. A actual casa do Concello, que sufriu múltiples procesos de ampliación e modernización, acolle aínda as dependencias e obxectos históricos que constitúen un patrimonio incalculable para a cidade.