DEPORTES
Coa inscrición xa pechada, contabilizáronse un total de 1170 persoas anotadas que poderán recoller os seus dorsais os días 29,30 e 31 de decembro no Centro Comercial As Cancelas.
A concelleira Esther Pedrosa aproveitou a ocasión para "agradecer de antemán á cidadanía de Santiago a súa colaboración no correcto desenvolvemento da carreira"
Medidas anti-covid
Segundo indicou Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, a proba disputarase sobre un circuito de 5 km en ruta homologados pola propia Federación e as marcas pasarán ao ranking galego e nacional na distancia.
Nesta edición de 2021, haberá caixóns de saída segundo a normativa covid-19 vixente, agrupados en grupos de 300 personas. Os participantes deberán levar a máscara posta durante toda a carreira e o público deberá manter a distancia interpersoal de seguridade de 1,5 metros en todo momento. Publicarase de xeito previo un horario de saídas por caixóns e a composición dos mesmos.
Ademais, tamén recordaron a necesidade de cumprir en todo momento coas recomendacións establecidas no protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, así como coas normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento.
Máis de 1.100 inscricións nunha nova edición da San Silvestre marcada polas medidas anti-covid
29/12/2021 A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou en rolda de prensa a oitava edición da San Silvestre compostelá, na que os participantes deberán correr con máscara e en grupos de 300 persoas por mor das medidas sanitarias para a contención da pandemia. A saída será desde a Avenida de Xoán XXIII e a meta será na Praza do Obradoiro.
O Concello de Santiago, a través do seu departamento de deportes, e a Federación Galega de Atletismo organizan a VIII Edición da Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela, que terá lugar o 31 de decembro de 2021 a partir das 17:00 horas da tarde con saída na avenida de Xoan XXIII e chegada á Praza do Obradoiro.Coa inscrición xa pechada, contabilizáronse un total de 1170 persoas anotadas que poderán recoller os seus dorsais os días 29,30 e 31 de decembro no Centro Comercial As Cancelas.