MEDIO RURAL

José Manuel Pichel visita as actividades de conciliación nos centros socioculturais da zona rural

27/12/2021 O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitou as actividades de conciliación lúdico-educativas de Nadal que se desenvolven nos centros socioculturais da zona rural.

As Mañás de Nadal desenvólvense este ano nos centros da Gracia, Figueiras e Marrozos, cun horario moi extenso que permite ás familias que o precisan conciliar durante as festas. Nesta iniciativa participan un total de 59 nenos e nenas que asisten en horario matinal a actividades variadas: teatro, cociña, artes plásticas, maquillaxe, xogos deportivos, música…

Este ano, os centros tamén poñen á disposición do público os Obradoiros de Nadal, que teñen lugar en horario de 10 h a 13 h nos centros de Marantes, Lavacolla, Verdía e Laraño en diferentes datas.

Ademáis do programa de conciliación, os centros socioculturais ofrecen unha serie de actividades complementarias para que as persoas usuarias desfruten dunha amplia oferta cultural e de ocio nestas datas. Así, o programa propón actividades gastronómicas como menú de Nadal, cociña de Nadal ou merendas saudables; actividades manuais como cestos de papel, centros navideños, DecoNadal e Agasallo viaxeiro; cinema de Nadal, diversas actuacións teatrais e de títeres e as visitas da Apalpadora e a Paxe do Nadal. Todas estas iniciativas chegan para facer as delicias de pequenos e adultos e facer que estas festas sexan un pouco máis especiais.

A programación continuará visitando os centros do rural ata o 7 de xaneiro

Compartir: