POLÍTICAS SOCIAIS

O evento "Wedding Pack solidario. Cásate no Camiño" destinará todos os seus beneficios ao proxecto "Arte e Emocións" de ASOTRAME

30/11/2021 O Concello de Santiago acolleu hoxe a presentación de "Wedding Pack solidario. Cásate no Camiño", un evento solidario a favor da Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea (ASOTRAME). Celebraráse o 29 e 30 de xaneiro no Museo Gaiás, na cidade da Cultura. É, segundo destacou a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro na presentación, "a primeira iniciativa de vodas con fins benéficos", xa que o 100% do seu beneficio, irá destinado ao proxecto "Arte e Emocións" de ASOTRAME.

Ademais de Mila Castro, na presentación de "Cásate no Camiño participaron Mario Álvarez Rodríguez, vicepresidente e coordinador en Santiago de ASOTRAME; Rosa Echevarría Domínguez, presidenta de I'TICS (Institución Turística, Inclusiva, Cultural e Social sen ánimo de lucro), promotora e organizadora do evento; e Dani Ríos Núñez, secretario de I'TICS. Neste evento, destinado a aquelas parellas de noivos interesadas en vivir a experiencia dos preparativos da voda, participarán profesionais do mundo das vodas e doutros sectores, entre colaboradores e asistentes.

Segundo explico Rosa Echevarría, "Wedding Pack solidario. Cásate no Camiño" fusiona cultura, artesanía, moda, música, turismo, gastronomía e solidariedade. " Buscamos humanizarnos, que as empresas colaboren con esa responsabilidade social corporativa".

Os profesionais que desexen participar poden sumarse a esta iniciativa a través desta ligazón.

Polo que respecta ás parellas, poden asistir e vivir a súa propia experiencia WPSolidaria solicitando a súa invitación de balde a través da seguinte ligazón.

A concelleira Mila Castro, convidou ás parellas que pensan casar en breve, aos profesionais, e ás persoas interesadas, a acudir a este evento solidario que axudará a impulsar "Arte e Emocións". "Un proxecto", sinalou, "pioneiro na sanidade pública, que ten como obxectivo, precisamente, humanizar a nosa sanidade; que xa está implantado no CHUAC, e que dentro de pouco tempo tamén se fará no CHUS".

No proxecto "Arte e Emocións", un terapeuta traballa as emocións do paciente a través da arte, na mesma planta hematolóxica. Explicouno Mario Álvarez Rodríguez, vicepresidente e coordinador en Santiago de ASOTRAME, á Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea. Unha entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivos apoiar ás e ós pacientes de cancro oncohematolóxico e as súas familias; informar e sensibilizar sobre a doazón de médula ósea; e colabora en proxectos de investigación contra o cancro.

"Wedding Pack solidario. Cásate no Camiño" constitúese a través dunha asociación que se chama I´TICS, sen ánimo de lucro, que busca promocionar e impulsar proxectos, en temas sociais culturais ou turísticos.

Compartir: