MEDIO AMBIENTE
Con este obxectivo, este xoves, 2 de decembro, ás 19:30 horas no Teatro Principal, celebrarase o faladoiro ‘Arredor da economía circular’. O evento, conducido polo divulgador científico Manuel Vicente, director e presentador do programa Efervesciencia da Radio Galega, contará coa participación de Eva Quiroga, bióloga especializada na Xestión do Desenvolvemento Sostible, e dos actores e humoristas Fran Rei e Pedro Brandariz.
Un espazo de encontro entre a ciencia e o humor que servirá para reflexionar en materia de consumo e medio ambiente poñendo o foco nas vantaxes da economía circular, as dificultades e resistencias existentes á súa implantación, o proceso de integración e normalización da compostaxe nas cidades; así como tamén en cuestións que van desde o problema que supoñen os residuos electrónicos ata a correcta utilización dos colectores de reciclaxe.
Para asistir, será preciso anotarse no seguinte formulario, indicando nome e apelidos. Cada persoa poderá levar ata dous acompañantes e as tres inscricións faranse no mesmo formulario. O evento é gratuíto. O coloquio tamén será emitido en directo a través da canle de Youtube da Unión de Consumidores de Galicia.
Exposición ‘Os Benfeito fan Compost_ela’
A exposición itinerante ‘Os Benfeito fan Compost_ela’ chega ata os centros de infantil e primaria acompañada dunha acción informativa dirixida ao alumnado que fai uso do servizo de comedor do centro durante os tempos de espera ate a hora da recollida. O obxectivo é que a rapazada se achegue aos aspectos máis relevantes da economía circular e sume coñecementos sobre consumo responsable e sostible.
‘Os Benfeito fan Compost_ela’ xa percorreron os colexios das Fontiñas e do Apóstolo Santiago e próximamente farán parada no Raíña Fabiola, o vindeiro luns.
Concurso de Tik Tok
Outra das accións deste proxecto é o concurso Conecta coa Economía Circular a través da aplicación Tik Tok, unha proposta coa que busca concienciar e sensibilizar á mocidade sobre á importancia de coidar a nosa contorna reducindo o noso impacto ao transitar a un modelo de economía circular que aposte pola reciclaxe, a reutilización, o aforro no consumo e actitudes conscientes sobre o bo uso dos recursos.
No certame poden participar mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 17 anos que vivan ou estuden no Concello de Santiago de Compostela. Para participar teñen que realizar un vídeo a través da aplicación Tik Tok centrado nas 4R, reducir, reutilizar, reciclar e reparar, cunha duración máxima dun minuto, e utilizar o hashtag #EuCompost_Ela. Poden consultarse as bases na seguinte ligazón.
O prazo, xa aberto, para o envío das producións audiovisuais vén de ampliarse ata finais de xaneiro. A rapazada opta a tres premios, un vale por 200 euros e outros dous por 100 euros para usar no comercio local compostelán.
O faladoiro "Arredor da economía circular" convoca en Compostela á ciencia e ao humor
29/11/2021 O evento celebrarase o 2 de decembro no Teatro Principal e nel participará Manuel Vicente, Eva Quiroga, Fran Rei e Pedro Brandariz. A actividade forma parte do proxecto #EuCompost_ela, presentado hoxe polo Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Consumidores de Galicia
As actividades presentadas hoxe en rolda de prensa por Mila Castro, concelleira responsable de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente e Parques e Xardíns, e Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), "buscan fomentar entre as persoas consumidoras do Concello de Santiago un coñecemento máis profundo da economía circular e da importancia de reciclar correctamente, especialmente agora que se está a introducir o chamado "quinto colector" no que só se poderá verter materia orgánica", indicou a edila de Medio Ambiente. Pola súa banda, Miguel López Crespo, incidiu na necesidade de seguir fomentando campañas que promovan "un consumo sostible e responsable".Con este obxectivo, este xoves, 2 de decembro, ás 19:30 horas no Teatro Principal, celebrarase o faladoiro ‘Arredor da economía circular’. O evento, conducido polo divulgador científico Manuel Vicente, director e presentador do programa Efervesciencia da Radio Galega, contará coa participación de Eva Quiroga, bióloga especializada na Xestión do Desenvolvemento Sostible, e dos actores e humoristas Fran Rei e Pedro Brandariz.