MEDIO AMBIENTE
A nosa árbore comeza agora a última fase dun concurso que promove a ONG Árbores sin Fronteras para decidir cal será a Árbore Europea do ano 2022. As votacións serán, en todo o continente, durante o mes de febreiro, e os resultados coñeceranse o 23 de abril, segundo afirma a organización.
Desde Compostela animamos a toda Galicia e España a seguir apoiando o Carballo de Conxo para que se convirta na árbore gañadora.
Carballo do Bosque do Banquete de Conxo
Este carballo está emprazado no bosque de Conxo, que albergou máis dun milleiro de árbores desta especie, aínda que na actualidade tan só sobreviven menos de medio cento. O candido a Árbore Europea é o máis antigo do lugar, con máis de 250 anos, polo que se lle coñece como "O Avó". Atópase no treito final do Camiño Portugués, a 200 metros da ‘Fonte da Virxe da Concha’ (citada por Tirso de Molina no século XVII) e a 300 do Monasterio de Conxo (que dispón dun claustro románico do século XII).
Cun perímetro no seu tronco de preto de 4 metros e unha altura de 30, o Carballo do Bosque do Banquete de Conxo é unha das árbores monumentais máis destacadas de Galicia e o único da comunidade que se presenta ao concurso Árbore Europea do ano.
A árbore foi testemuña dun fito histórico: o 2 de marzo de 1856 celebrouse unha comida onde estudantes universitarios, que pertencían á alta clase social, serviron a obreiros e artesáns como símbolo democrático de fraternidade. Nun momento onde as desigualdades entre clases eran colosais na capital galega, provocadas en parte pola perda de colleitas que se produciron nos anos previos, este evento, o chamado Banquete de Conxo, tivo unha gran repercusión na sociedade da época.
Ese espazo natural que o acolleu foi rehabilitado e aberto ao público na primavera de 2018 tras máis dun século abandonado. Con tal motivo celebráronse dúas edicións da Festa do Banquete, ata que chegou a pandemia da Covid. Na última, que data do 2019, congregáronse preto de 5.000 persoas.
Neste exemplar de Quercus robur L. concorren o seu indubidable valor botánico, polo seu singular porte e antigüidade e por formar parte dunha carballeira centenaria, unha das formacións de árbores caducifolias máis representativas de Galicia; e a súa peculiar localización, nas ribeiras do Sar, un río máxico para o pobo galego, que fai que estea repleto de simbolismo ecolóxico e cultural.
Nestes tempos de crise global da biodiversidade, a súa conservación e resistencia ao paso do tempo é á vez un excelente exemplo e unha responsabilidade para as xeracións vindeiras. A súa presenza na obra literaria de Rosalía de Castro e na memoria colectiva dos composteláns, así como a súa condición de testemuña, durante máis de dous séculas, do paso dos peregrinos a Santiago, a través do Camiño Portugués, fan que este carballo centenario sexa unha árbore singular e un excelente candidato para representar a España no 2022.
O Carballo de Conxo imponse na fase nacional do certame Árbore Europea 2022
27/11/2021 O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo está desde hoxe un paso máis cerca de chegar a ser a Árbore Europea do ano 2022 tras impoñerse na fase nacional do concurso ás restantes candidatas españolas. En total, a árbore galega obtivo 22.974 votos.
O Concello de Santiago quere dar as grazas a todas e cada unha das 22.974 persoas que, co seu voto individual e a súa sensibilidade, fixeron posible que este histórico Carballo do Banquete de Conxo sexa desde hoxe Árbore do Ano en España 2022. Será, pois, a árbore que represente, a partir de agora para toda Europa, á nosa cidade de Compostela, a Galicia e a toda España.A nosa árbore comeza agora a última fase dun concurso que promove a ONG Árbores sin Fronteras para decidir cal será a Árbore Europea do ano 2022. As votacións serán, en todo o continente, durante o mes de febreiro, e os resultados coñeceranse o 23 de abril, segundo afirma a organización.