CONSORCIO
A capital de Galicia, por tradición e liderado nos procesos de renovación urbana, pero tamén polas intensas actuacións de rehabilitación da Catedral de Santiago en execución que xestiona a Fundación Catedral, pode conquistar un lugar de referencia na materia en Europa. O Centro Nacional de Formación en Materia de Rehabilitación, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela, e promovido pola Fundación Laboral da Construción e o Consorcio de Santiago, é pioneiro no Estado Español con ese obxectivo, e está destinado de forma específica á formación especializada e reciclaxe de traballadores, técnicos e empresas da construción cara á rehabilitación.
O CEGOR, divulga novas fórmulas para a conservación e o desenvolvemento da contorna urbana construída, demostrando que o coñecemento das técnicas tradicionais e a incorporación adaptada dos materiais e técnicas de construción contemporáneas son piares básicos desa nova cultura da rehabilitación que debe ser entendida non xa estritamente en relación coa xestión do pasado, senón como ferramenta indispensable para construír un futuro mellor intensamente vinculado coa optimización dos recursos enerxéticos dispoñibles.
O curso
O Curso desenvolveuse desde o pasado 16 de abril ata hoxe no Centro de Referencia de Formación en materia de Rehabilitación de Pontepedriña, en Santiago de Compostela. Máis de 40 expertos e profesionais de recoñecido prestixio integran o panel docente, no que participaron 25 alumnos.
O Curso estrutúrase en catro módulos, 1.- Xestión administrativa das obras de Rehabilitación 2.- Xestión económica das obras de rehabilitación, 3.- Materiais e Técnicas construtivas en rehabilitación, 4.- Instalacións nas obras de rehabilitación, cunha duración de 300 horas (170 presenciais e 130 en teleformación) e está coordinado por Ángel Panero Pardo, arquitecto do Consorcio de Santiago.
A Fundación
A Fundación Laboral da Construción comezou a súa actividade no ano 1992, froito do diálogo social entre a patronal e os sindicatos do sector: a Confederación Nacional da Construción (CNC), CCOO Hábitat, e UXT – FICA Industria, Construción e Agro.
O obxectivo de crear esta entidade paritaria por e para o sector, mediante o Convenio Xeral do Sector da Construción, é proporcionar a empresas e traballadores os recursos que fixesen posible un sector máis profesional, seguro, capacitado e con futuro.
A Fundación Laboral da Construción forma cada ano a unha media de máis de 70.000 profesionais do sector e imparte máis de 2 millóns de horas de formación, das cales, máis dun terzo son de materias relacionadas coa prevención de riscos laborais.
Está constituída por 17 Consellos Territoriais e ten 46 Centros de Formación propios distribuídos por toda España, 22 dos cales posúen un Centro de Prácticas Preventivas, nos que profesores ensinan aos alumnos os riscos reais que poden correr nas obras e como previlos.
Para impartir as máis de 200 especialidades formativas que ofrece, conta coa colaboración de máis de 1.400 formadores especializados nas máis diversas materias relacionadas co sector da construción.
A Fundación Laboral da Construción e o Consorcio de Santiago clausuran o Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación 2021
29/10/2021 A Fundación Laboral da Construción e o Consorcio de Santiago clausuran hoxe ás 17.00 h no Centro de Referencia de Formación en materia de Rehabilitación de Pontepedriña de Arriba (Romaño) o Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación dirixido a profesionais, técnicos e xefes de obras coa necesidade de adquirir ou ben actualizar os seus coñecementos en materia de conservación, restauración e rehabilitación. O acto contará coa participación da xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, e de Diego Vázquez Reino, presidente da Fundación Laboral da Construción en Galicia.
A indispensable transformación das cidades no século XXI e os múltiples procesos de renovación que xa se están desenvolvendo nos centros históricos, nos núcleos rurais, nos ensanches, e mesmo, nas periferias, están a impulsar un cambio paradigmático na cultura urbana e no sector e industria da construción en Europa. Aproveitar as grandes oportunidades que para empresas e traballadores do sector se xeran neste contexto, require investigación, desenvolvemento do coñecemento e formación especializada para facer da rehabilitación e a renovación urbana, un gran tractor da economía local e do emprego cualificado e estable.A capital de Galicia, por tradición e liderado nos procesos de renovación urbana, pero tamén polas intensas actuacións de rehabilitación da Catedral de Santiago en execución que xestiona a Fundación Catedral, pode conquistar un lugar de referencia na materia en Europa. O Centro Nacional de Formación en Materia de Rehabilitación, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela, e promovido pola Fundación Laboral da Construción e o Consorcio de Santiago, é pioneiro no Estado Español con ese obxectivo, e está destinado de forma específica á formación especializada e reciclaxe de traballadores, técnicos e empresas da construción cara á rehabilitación.