CONSORCIO
O Parque da Alameda de Santa Susana, situado en Santiago de Compostela, está catalogado como Xardín Histórico. O Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago dispón a necesidade de redacción dun Plan Director, co fin de establecer as pautas para a súa restauración e mantemento futuro. O Plan, que estará dirixido por arquitectos da Oficina Técnica do Consorcio, incluirá os espazos situados entre a trama urbana e a Alameda, así como as conexións e relacións co Campus Sur da Universidade de Santiago.
A redacción do Plan Director do Parque da Alameda está recollida na estratexia plurianual 2021-2023 do Consorcio de Santiago. Entre os obxectivos deste plan de actuacións destaca a preservación, recuperación e posta en valor do patrimonio de Santiago de Compostela, no relativo a rehabilitación, mantemento e recuperación urbanas. Nesta liña, no eixo "Parques e xardíns, anel verde, sendas fluviais e Camiños de Santiago" inclúese a redacción do Plan Director da Alameda.
O Consorcio de Santiago é consecuente co novo concepto de patrimonio, que foi mudando nos útimos anos, de forma que se ten reconsiderado a maneira de intervir e os principios desde os que deben realizarse as diferentes actuacións nos elementos patrimoniais, incluíndo especialmente o soporte territorial que dá sustento á cidade. Así, preténdese que o novo Plan Director do Parque da Alameda parta destes principios.
O Consorcio de Santiago licita a redacción do Plan Director do Parque da Alameda por 158.721,75 euros
28/10/2021 As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 17 de novembro para presentar as súas ofertas.
O Consorcio de Santiago acaba de licitar a redacción do Plan Director do Parque da Alameda por un importe global de 158.721,75 euros. As persoas e empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 17 de novembro para presentar as súas ofertas. Unha vez adxudicado este servizo, prevese un período de execución de 18 meses.O Parque da Alameda de Santa Susana, situado en Santiago de Compostela, está catalogado como Xardín Histórico. O Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago dispón a necesidade de redacción dun Plan Director, co fin de establecer as pautas para a súa restauración e mantemento futuro. O Plan, que estará dirixido por arquitectos da Oficina Técnica do Consorcio, incluirá os espazos situados entre a trama urbana e a Alameda, así como as conexións e relacións co Campus Sur da Universidade de Santiago.