CENTROS SOCIOCULTURAIS

Conxo celebra a Festa das Cabazas o sábado 30 de outubro

28/10/2021 O vindeiro sábado, 30 de outubro, a praza Aurelio Aguirre de Conxo acollerá a partir das 18.30 h a Festa das Cabazas, organizada pola Coordinadora de Festas Tradicionais de Conxo, da que forma parte o centro sociocultural do barrio.

Na festa haberá concurso de cabazas, actividades terroríficas para os máis pequenos como o túnel do terror ou o corredor do medo, pero tamén magosto, chocolatada e música. Así será o programa:

- Exposición de cabazas
Participa coa túa cabaza! Concursa e poderás gañar premios!
Postos de artesanía

- SAÚDO MEDOSO

- TÚNEL do TERROR
Centro Sociocultural de Conxo
Prazas limitadas. Inscrición previa no 981528740
en horario de tarde (de 17 a 21h). Entrada en grupos de 6 con FPP2

De 18.30h a 19.30h
Pase só para rapazada de 10 a 13 anos
De 20h a 21h
Pase só para rapazada de 14 a 17 anos

- CORREDOR do MEDO
De 18.30h a 19.30h
A partir de 5 anos. Poden ir acompañados dunha persoa adulta

- MAGOSTO e CHOCOLATADA (19.30h)

Haberá servizo de cantina da Comisión de Festas de San Serapio
Haberá carpa con polbo e churrasco

- ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS
Espectáculo EXTRA!
Público familiar

- Fin de festa co grupo de gaitas da ASOC. MÚSICA TRADICIONAL DE CONXO e o grupo VARACUNCAS de música tradicional (20.45h)

Concurso de CABAZAS TERRORÍFICAS
Premios ás mellores cabazas.
2 categorías:
1- cabaza decorada nenas/-os ata os 7 anos
2. xeral. cabaza baleira. Vid. bases específicas
Entrega no Centro Sociocultural de Conxo o venres 29 e o sábado 30 antes das 18:00h

ORGANIZA

Coordinadora de Festas Tradicionais de Conxo
Centro Sociocultural "Aurelio Agruirre" de Conxo
Asociación de Veciños Conxo Aberto
Asociación de Comerciantes Espert@conxo,
Asociación Música e Baile Tradicional de Conxo
Veciñas e veciños activas de Conxo

Compartir: