PLENO
As dúas irmás iniciáronse na investigación no laboratorio de Nóvoa Santos. O seu bo desempeño valeulles, con menos de 30 anos, o recoñecemento coa Gran Cruz de Alfonso XII por méritos académicos. Tras completar a carreira en Santiago trasladáronse a Madrid para desenvolver as súas teses doutorais e é nesta etapa cando as súas carreiras comezan a enfocarse cara a distintas disciplinas.
O legado das irmás Fernández de la Vega e Lombán pervive hoxe en Galicia. En 1996, con motivo da celebración dos 500 anos da Universidade de Santiago, a institución dedicoulles unha aclamación, a primeira que homenaxea a mulleres en toda a súa historia. E a antiga sede do Vicerreitorado de Estudantes en Casas Reais, leva hoxe o seu nome.
"Querendo continuar co seu legado e homenaxe merecido, por petición do reitor magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, Don Antonio López Díaz , estímase acaído nomear ao novo vial xurdido da adecuación do Campus Sur Cidade da Saúde (entre a s e strada s de San Lourenzo e de Noia) co nome das irmás Fernández de la Vega, seguindo así a tradición de nomear as rúas do Campus da USC con persoeiros de destacada traxectoria e relacionados coa actividade universitaria", remata a declaración, que será levada á Comisión de Títulos, Honras e Condecoracións
Outros asuntos
No ámbito urbanístico, o Pleno tomou coñecemento da presentación do Documento ambiental estratéxico da modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12 (antiguo Colexio Manuel Peleteiro).
Así mesmo, aprobou unha moción conxunta dos catro grupos municipais na que se insta "á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España o establecemento de bonificacións nas peaxes da autoestrada estatal AP-53, que vertebra o interior de Galicia, comunicando Santiago e Ourense, similares ás que se veñen de aplicar na AP-9, tendo especialmente en conta aos usuarios recorrentes e aos transportistas e incluíndo a familias numerosas".
Por unanimidade tamén se aprobou outra moción do BNG na que o Pleno do Concello manifesta o seu apoio á Iniciativa Xabarían do parlamento de Galicia para unha maior presenza do galego no audiovisual. Os concelleiros presentes no pleno fixeron un pequeno receso para sumarse á concentración da Mesa pola Normalización Lingüística, promotora da iniciativa, na praza do Obradoiro.
Os catro grupos tamén votaron a favor dunha moción de CA para que o concello impulse a construción dunha senda peonil que conecte o lugar da Gracia co Polígono do Tambre.
O Pleno acorda nomear "rúa Irmás Fernández de la Vega" ao novo viario xurdido da adecuación do Campus Sur no ámbito da Cidade da Saúde
28/10/2021 A Pleno da Corporación aprobou unha declaración institucional coa que quere render homenaxe ás irmáns Fernández de la Vega e na que se recolle a petición do reitor da USC, Antonio López, de bautizar co seu nome o novo viario do Campus Sur construído entre as estradas de San Lourenzo e de Noia, no ámbito da Cidade da Saúde. Na mesma sesión, o Pleno tomou coñecemento da presentación do DAE da modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12 (antiguo Colexio Manuel Peleteiro).
Mediante a declaración institucional aprobada hoxe, "o Concello de Santiago de Compostela quere homenaxear e recoñecer a dúas mulleres pioneiras, Dona Jimena María Francisca Emilia Fernández de la Vega y Lombán e Dona Elisa Fernanda María del Carmen Fernández de la Vega y Lomban". Comezaron en 1914 os seus estudos na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, tres anos despois de que o goberno español levantase as restricións para a matriculación das mulleres na universidade. En 1919 convertéronse nas nas primeiras mulleres tituladas en Medicina de Galicia.As dúas irmás iniciáronse na investigación no laboratorio de Nóvoa Santos. O seu bo desempeño valeulles, con menos de 30 anos, o recoñecemento coa Gran Cruz de Alfonso XII por méritos académicos. Tras completar a carreira en Santiago trasladáronse a Madrid para desenvolver as súas teses doutorais e é nesta etapa cando as súas carreiras comezan a enfocarse cara a distintas disciplinas.