PROMOCIÓN ECONÓMICA
Logo chegou a homenaxe, en forma dunha figura de Sargadeloss e dun diploma acreditativo, a varios comercios composteláns: A Casa dos Queixos, Calzados Severino, Confitería Las colonias, Joyería Malde, Farmacia Gómez Ulla e Quiosco do Toural. Tamén se entregaron duas mencións especiais a Ultramarinos Castro e á Sociedade Círculo Mercantil e Industrial de Santiago.
Os representantes das entidades e institución que traballan a favor do comercio tamén tiveron a súa intervención, antes da clausura a cargo do alcalde de Santiago.
O comercio compostelán celebrou a súa gala
30/03/2007 O Auditorio de Galicia acolleu a II Gala do comercio Compostela capital de compras. O evento foi o broche final do programa "Marzo, mes do comercio", organizado polas concellarías de Promoción Económica e Comercio e de Cultura. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu e clausurou esta gala, que fortaleceu os lazos entre os comerciantes da cidade, recoñeceu o seu labor e premiou a súa excelencia.
A gala, conducida pola presentadora Yolanda Vázquez, tivo como primeira actuación a do Orfeón Terra A Nosa. Deuse así paso ás distintas partes do evento, como a proxección das vinte fotos de José Caruncho e Fran Herbello que conforman a exposición "De Compras por Compostela", que se pode ver na Praza Roxa ata o 9 de abril, e dunha curtametraxe en clave de humor sobre o comercio. A continuación, turno para a entrega dos premios do III Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping a Andrómenas e do Concurso de Imaxinación máis Comercio a Zürich SCQ.Logo chegou a homenaxe, en forma dunha figura de Sargadeloss e dun diploma acreditativo, a varios comercios composteláns: A Casa dos Queixos, Calzados Severino, Confitería Las colonias, Joyería Malde, Farmacia Gómez Ulla e Quiosco do Toural. Tamén se entregaron duas mencións especiais a Ultramarinos Castro e á Sociedade Círculo Mercantil e Industrial de Santiago.
Os representantes das entidades e institución que traballan a favor do comercio tamén tiveron a súa intervención, antes da clausura a cargo do alcalde de Santiago.