ALCALDÍA

Aberta a segunda edición da Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego

30/03/2007 O centro comercial Área Central acolle os días 30, 31 de marzo e 1 abril a II Feira do Libro Infantil e Xuvenil Galego. As editoriais galegas Sotelo Blanco Edicións, Baía Edicións e Edicións A Nosa Terra expoñen as súas últimas novidades nesta feira, acompañada de diversas actividades para os rapaces.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou este evento literario, que durante tres días converte a Área Central na sé das letras galegas dirixidas aos máis pequenos. A Feira enmárcase dentro das actividades vinculadas ao Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se conmemora o 2 de abril.

O programa desta segunda edición incrementa o número e a variedade de actividades respecto á anterior entrega. Destacan as presentacións de libros, os obradoiros de animación á ilustración e os contacontos. Como novidade, salienta un espectáculo de monicreques confeccionados con utensilios de cociña, previsto para a tarde do domingo 1 de abril.

Compartir: