TURISMO
Lucio Urtubia, interpretado por Juan José Ballesta, levou a cabo unha lexendaria operación de falsificación en París, que lle puxo no punto de mira do banco máis grande de Estados Unidos, cando conseguíu obter unha enorme cantidade de cartos falsificando cheques de viaxe para investir en causas nas que creía.
"Un home de acción" é unha trepidante película que abarca cinco décadas, dende os anos 40 ata os 80 do pasado século, na que se sigue a vida de Lucio Urtubia como parte do movemento anarquista europeo, dende os seus humildes comenzos como obreiro convertido en atracador de bancos, ata poñerse ao fronte dun dos engaños económicos máis importantes do século XX.
A empresa que leva a cabo a rodaxe comprometeuse a respectar a sinalización e tonelaxe para o acceso dos vehículos, furgonetas e grupos electróxenos necesarios para a rodaxe; que desde hoxe están estacionados no aparcamento de Salgueiriños. Desde alí realizan os labores de reparto en furgonetas e en grúas individuais (para o transporte de vehículos antigos necesarios para o rodaxe), sen sobrepasar os pesos e medidas permitas na zona monumental.
En canto o tránsito peonil, haberá cortes momentáneos de paso sen sobrepasar o 3 minutos que duran as rodaxes das escenas.
Ao longo da xornada de hoxe están previstas rodaxes na Praza de Salvador Parga e Casas Reais, na Rúa Travesa e no parque da Alameda. Mañá é a quenda da Praza de Santo Agostiño, da Praza de Abastos, da Rúa San Francisco e dos soportais do Pazo de Raxoi, no Obradoiro. E o venres, 1 de outubro, rodarán de novo na Praza de Salvador Parga e Casas Reais, e na Rúa Travesa.
A Policía Local colaborará nos momentos puntuais que sexa necesario con presencia dunha dotación policial. En canto á empresa que leva a cabo a rodaxe, "La Pulga y el elefante SL", deberá cumprir as seguintes condicions xerais:
-A zona afectada deberá quedar limpa e en perfecto estado de conservación á finalización da actividade.
-Deberá cumprirse a normativa en materia de seguridade, saúde e os restantes requisitos esixidos para este tipo de actividades que, en todo caso, será responsabilidade exclusiva dos organizadores. Ademais, responderán de calquera dano que se puidera producir nos bens ou nos servizos públicos municipais (elementos vexetais, pavimentos, mobiliario urbano, etc).
-No caso de reparto de follas deberase facer en man para evitar ensuciar a vía pública.
-Deberá cumprirse as determinacións que recolle a "Ordenanza Xeral Municipal Reguladora da Emisión e Recepción de Ruídos, Vibracións e Condicións dos Locais", a respecto da emisión do nivel sonoro.
-Deberán cumprirse as determinacións contidas na Lei 11/2010 de 17 de
decembro de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
-A organización solicitante deberá adoptar as medidas necesarias para garantir as condicións de seguridade e orde público.
Santiago acolle, durante tres días, a rodaxe da película "Un home de acción"
29/09/2021 Santiago de Compostela será escenario, desde hoxe e ata o 1 de outubro, da rodaxe da película "Un home de acción". As zonas afectadas son Salvador Parga, Praza San Agustin, Rúa das Ameas, Rúa San Francisco, Praza do Obradoiro e parque da Alameda. Todas son áreas de preferencia peonil, sendo mínima a súa afectación o tráfico.
Estes lugares transformaranse, estes días, no París dos anos 60 e 70 do pasado século grazas ao rodaxe da nova película de Netflix. A película está inspirada libremente na vida de Lucio Urtubia, explorando a figura do denominado "Robin Hood anarquista. Turismo de Santiago colabora coa rodaxe da película a través da Santiago de Compostela Film Commision, servizo da entidade municipal para a promoción turística da cidade a través do sector audiovisual.Lucio Urtubia, interpretado por Juan José Ballesta, levou a cabo unha lexendaria operación de falsificación en París, que lle puxo no punto de mira do banco máis grande de Estados Unidos, cando conseguíu obter unha enorme cantidade de cartos falsificando cheques de viaxe para investir en causas nas que creía.