BENESTAR SOCIAL
Esta cesión é unha medida máis do Concello para achegar os servizos sociais aos cidadáns. Nesta liña está tamén a futura Casa do Asociacionismo, que en breve funcionará en Salgueiriños e que acollerá ás organizacións non lucrativas de acción social de Santiago. Neste edificio atenderanse as necesidades de todos os composteláns en materia social.
As entidades de acción social teñen xa un novo punto de contacto co cidadán na Praza de Galicia
30/03/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto simbólico de entrega das chaves da oficina situada na Praza de Galicia ás entidades de iniciativa social da cidade. Tras asumir a súa titularidade, a Concellería de Benestar cede o uso gratuíto da caseta de información turística situada enriba do aparcadoiro para os fins destes colectivos.
Nesta nova oficina, prestarán os seus servizos asociacións de iniciativa social que colaboran coa Concellaría e integrantes dos grupos de tráballo sociosanitario e do voluntariado do Consello Municipal de Servizos Sociais. Calquera cidadán que se achegue a este espazo, poderá informarse sobre as actividades que desenvolven estas entidades en moi diversos ámbitos.Esta cesión é unha medida máis do Concello para achegar os servizos sociais aos cidadáns. Nesta liña está tamén a futura Casa do Asociacionismo, que en breve funcionará en Salgueiriños e que acollerá ás organizacións non lucrativas de acción social de Santiago. Neste edificio atenderanse as necesidades de todos os composteláns en materia social.