MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Gonzalo Muíños insistiu en que o acontecido o xoves pasado foi un "feito illado", no que influiu a boa climatoloxía e o inicio do curso universitario. "O comportamento que tivo a mocidade non tivo nada que ver cos comportamentos doutros días", engadiu.
Tanto María Rivas como Muíños fixeron un chamamento á poboación máis nova de Santiago para que actúe con responsabilidade durante o lecer nocturno. Durante este encontro, no que tamén estaban presentes o comisario xefe da Policía Nacional en Santiago, Cástor Vázquez; e o xefe da Policía Local compostelá, José Ramón Silva; a subdelegada remarcou a boa colaboración existente entre os dous corpos policiais presentes na cidade. Colaboración da que queda constancia, nos 1.904 dispositivos específicos desenvolvidos en Santiago pola Policía Nacional ao longo deste ano, que na súa maioría se realizaron conxuntamente coa Policía Local, especialmente aqueles relacionados coa hostalaría. Rivas engadiu que nestes dispositivos identificáronse máis de 18.000 persoas e concluíron coa apertura de 1.700 propostas de sanción por parte dos axentes da Policía Nacional.
A subdelegada indicou que a prioridade agora é o control de concentracións públicas, así como a vixilancia do cumprimento das medidas sanitarias nas mesmas. Nesta liña, apuntou a Policía Nacional reforzará os dispositivos de vixiancia en Santiago nos lugares e momentos que se decidan polos responsables dos corpos policiais e en función das previsións que haxa, co obxectivo de que os incidentes rexistrados en pasadas xornadas non se volvan a producir.
Reunión de coordinación policial na que se acordou reforzar os dispositivos de seguridade en función das previsións de aglomeracións detectadas polos responsables de cada corpo
28/09/2021 O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; mantiveron unha reunión de coordinación para analizar a situación despois dos últimos incidentes rexistrados na cidade e vinculados ao lecer nocturno da mocidade. Durante a mesma, Rivas insistiu na vontade de traballar conxuntamente co Goberno local para garantir a seguridade cidadá na capital de Galicia.
Unha colaboración e un reforzo de efectivos que, explicaron, se vai dimensionar en en función das necesidades que detecten os mandos da policía. A partir de aí establecerase unha estratexia, con reforzos en distintos puntos da cidade, nos que se rexistren mais incidencias; e nos días onde a previsión de persoas na rúa é maior. Neste sentido, Gónzalo Muíños sinalou que, aínda que desde este mesmo martes "xa se está traballando" eses reforzos, actuarán "sobre todo" desde a noite do mércores e a do xoves, cando se espera "a maior afluencia de xente".Gonzalo Muíños insistiu en que o acontecido o xoves pasado foi un "feito illado", no que influiu a boa climatoloxía e o inicio do curso universitario. "O comportamento que tivo a mocidade non tivo nada que ver cos comportamentos doutros días", engadiu.