CENTROS SOCIOCULTURAIS
O proxecto visitou xa San Pedro, a Rocha e Villestro, onde neste momento se está levando unha segunda fase que consiste na rotación das exposicións e nunha serie de actividades relacionadas. Esta segunda fase, na que pouco a pouco participarán todas as zonas incluídas no proxecto busca que os barrios coñezan máis de preto o pasado dos outros e tamén crear espazos de relación entre os seus habitantes. As xentes dun barrio van ao outro, ao igual que vai a súa exposición. O obxectivo é que todos coñezan mellor non só a súa historia senón tamén a das outras zonas da cidade.
Neste proxecto entra agora a zona de Vite e Guadalupe que, aínda que hoxe son un tanto diferentes, teñen unha proximidade xeográfica e unha historia común que recomenda o seu tratamento conxunto. Ata os grandes cambios desenvolvidos a partir dos anos 50, o que hoxe é Guadalupe, San Caetano e Vite eran en realidade un conxunto de aldeas e casaríos espallados polas abas do monte de Vite. Como sucedía en San Pedro -aínda que con menor intensidade- era un arrabalde no que convivían o rural e o urbano, o traballo das leiras familiares e a venda no mercado ou o traballo na industria da cidade.
A exposición
Os temas a tratar na mostra serán, entre outros, a posición estratéxica da zona -xusto na entrada norte á cidade- que condicionou o seu desenvolvemento histórico e favoreceu o nacemento do núcleo de San Caetano, ben poboado e relativamente urbanizado a finais do século XVII; ou a configuración ao longo das idades Media e Moderna destas terras como espazo de prados, hortas e leiras inmediatas á cidade e fondamente conectadas a ela. No século XIX o panorama será diferente e parece máis o dun arrabalde urbano en formación: os homes traballan na industria e os servizos da cidade e, por suposto, na fábrica de coiros de Guadalupe; as mulleres, no fogar, no campo e lavando roupas. É unha vida de esforzo que marca inconfundiblemente o carácter e a historia desta veciñanza.
A principios do século XX comezou unha espiral de cambios que rematarían por mudar significativamente o aspecto da zona como a chegada e ampliación dos servizos municipais, o arranxo dos camiños ou a escola de Guadalupe. A posta en marcha do polígono de vivendas de Vite marca, en realidade, o nacemento do presente.
Haberá tamén un espazo para tratar de xeito máis específico algúns outros temas como a historia da traída de augas da cidade -que nace no monte de Vite-, a configuración parroquial da zona, as antigas festas ou, mesmo, a construción e desenvolvemento social e urbanístico do polígono de Vite.
As actividades
Coma nos outros barrios, deseñouse un programa de actividades que acompaña á exposición e que xa está en marcha. Están pensadas para chegar a todos os públicos. Serán obradoiros de memoria oral para os adultos, obradoiros tradicionais para nenos e nenas, xogos tradicionais e unha actividade especial, chamada Algo para lembrar, destinada precisamente ao público máis novo.
"A historia vai por barrios" chega a Vite
29/03/2007 Despois de San Pedro, A Rocha e Villestro, o programa "A historia vai por barrios" chega agora á zona de Vite e Guadalupe. A exposición será inaugurada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o vindeiro venres 30 de marzo ás 20.00 horas no Centro Sociocultural "José Saramago".
Este programa é un proxecto de dinamización para os Centros Socioculturais que ten como tema principal a historia de cada barrio. En cada un deles lévase a cabo unha exposición na que se amosan os aspectos básicos da súa historia e unha serie de actividades dirixidas a que a veciñanza coñeza mellor o seu pasado.O proxecto visitou xa San Pedro, a Rocha e Villestro, onde neste momento se está levando unha segunda fase que consiste na rotación das exposicións e nunha serie de actividades relacionadas. Esta segunda fase, na que pouco a pouco participarán todas as zonas incluídas no proxecto busca que os barrios coñezan máis de preto o pasado dos outros e tamén crear espazos de relación entre os seus habitantes. As xentes dun barrio van ao outro, ao igual que vai a súa exposición. O obxectivo é que todos coñezan mellor non só a súa historia senón tamén a das outras zonas da cidade.