ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recordou o exemplo de Santiago como referente mundial no eido da rehabilitación e animou ás cidades americanas a seguir traballando neste eido. Neste sentido, indicou que non se trata de en ningún caso de crear "parques temáticos", senón espazos de convivencia "abertos aos seus cidadáns e a todos".
O proxecto PAGUS-AL está orientado a desenvolver instrumentos e estratexias para a conservación e renovación urbana sostible dos centros e cidades históricas, mediante accións relacionadas coa renovación dos edificios históricos, de formación dos axentes implicados, de accesibilidade e mobilidade das persoas y mercadorías, e de servizos informáticos de documentación e información interactiva. Así mesmo, búscase a permanencia de residentes grazas á oferta de vivendas, actividades comerciais produtivas, servizos e unha utilización turística compatible.
Os representantes das cidades recibidos en Compostela participaron en Sevilla na Conferencia xeral do PAGUS, clausurada o 27 de marzo.
O alcalde anima ás cidades integrantes do proxecto PAGUS-AL a seguir traballando na súa renovación urbana
29/03/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, recibiron aos Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Programa Europeo de Asistencia e Xestión Sostible-América Latina (PAGUS-AL). Asistiron representantes das cidades de Santa Fe (Arxentina), Valparaíso (Chile), Colonia (Uruguai), Juiz de Fora (Brasil) e Narni (Italia).
Na xuntanza, falouse da marcha do proxecto, no que participan, ademais das cidades representadas, Olinda (Brasil), San Rafael (Arxentina) e a Asociación de Municipios Ave-Portugal (AMAVE). Santiago de Compostela é a responsable da Acción 1, de asistencia á xestión da renovación urbana e de formación dos axentes implicados. As outras dúas accións están coordinadas por Narni e AMAVE.Sánchez Bugallo recordou o exemplo de Santiago como referente mundial no eido da rehabilitación e animou ás cidades americanas a seguir traballando neste eido. Neste sentido, indicou que non se trata de en ningún caso de crear "parques temáticos", senón espazos de convivencia "abertos aos seus cidadáns e a todos".