ACCIÓN CULTURAL
A cita coa nova ola do cinema romanés adiántase esta semana ao luns para proxectar o filme Cărturan (2019) ás 21.30 horas no paseo central da Alameda. A ópera prima do director romanés Liviu Săndulescu, retrata a experiencia dun sesaxenario que, ao saberse nos últimos días da vida, decide arranxar as cousas pendentes. Ambientado no rural, este filme de metraxe pausada, con longos planos que exploran as relacións das personaxes, ofrece un sutil retrato da sociedade romanesa.
O martes 31 ás 18.00 horas, o parque de Bonaval será tamén escenario a última sesión dos Contos no parque. A Caixa sen Pandora é unha historia protagonizada por Teatro Ghazafelhos que relaciona a lenda de Pandora coa loita pola igualdade das mulleres. Trátase dunha divertida lembranza das distintas mulleres universais en xeral, e galegas en concreto, que decidiron romper ca norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade. Esta sesión de contos está recomendada para nenas e nenos a partir de 3 anos. O acceso é de balde previa reserva en reservas.gal
As artistas circenses Raquel Oitavén e Mercè Solé presentan o martes 31 no CGAC Vértigo. Producido por PistaCatro, trátase dun espectáculo de danza vertical que busca abraiarnos e facernos gozar dunha forma orixinal e diferente. Recomendado para público de máis de 5 anos, comeza ás 20.00 horas e xa ten as entradas esgotadas.
Ademais, no interior da Zona C. Punto de Información Cultural, continúa até o 3 de outubro a mostra Ruxe Ruxe (1996 - 2021): 25 anos de universo gráfico. Esta ollada aos deseños que acompañaron a andaina musical da banda de rock máis lonxeva de Compostela inclúe pezas de artistas como Javier Iglesias, Pachu M. Torres, Xulio Cé "Arinspunk", Miguel Duarte, o Grupo Revisión, Carlos Azagra (El Jueves), Diego Pérez "Diebujitos", Laura Romero ou Raio Díaz (Caramuxo).
No mes de setembro, a exposición amplía o seu horario e poderá ser visitada de martes a sábado de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas e nas mañás dos domingos de 11 a 14 horas. O acceso é sempre de balde sen necesidade de reserva previa.
De Lugares e Órganos
Tamén ao abeiro do Festival C, a programación semanal do ciclo De Lugares e Órganos abre o luns 30 e esténdese até a fin de semana. A sala NUMAX acolle ás 19.30 horas a proxección de Carnival of souls, un filme de culto de 1962, asinado polo director estadounidense Herk Harvey, que se enmarca na sección "A pegada do órgano no cine". Carnival of souls é unha fita de terror cunha potente atmosfera fantasmal, na que o órgano xoga un papel esencial. A proxección irá precedida dunha pequena charla introdutoria en colaboración con persoal de NUMAX para contextualizar e achegar as claves que permitan entender a conexión entre os universos fílmico e organístico. A entrada ten un prezo de 4 euros e pode ser adquirida no despacho de billetes da sala de cinema e na web numax.org
Fernando Buide pechará a axenda musical de agosto o martes 31 ás 20.30 horas cun concerto na igrexa de San Paio de Antealtarares. Baixo o título Sons romanos e Compostela, o laureado compositor, pianista e organista compostelán interpretará un repertorio que explora as frutíferas relacións tecidas entre o mundo organístico romano e o ibérico. O percorrido sonoro do concerto esténdese tamén cara a creacións actuais que exploran o peculiar universo do órgano barroco ibérico, o cal ten, no órgano de San Paio, un dos seus máis fascinantes expoñentes. As entradas para o concerto xa están esgotadas.
Xa o venres 3 de setembro, ás 20.30 horas, o compositor Rafa Fernández levará á igrexa da Universidade o seu traballo Eccos, un proxecto xerado especialmente para ese espazo no que se mestura ambiente con base en pequenas estruturas harmónicas e melódicas, con videocreación ao vivo a partir de material analóxico. O programa explora o papel do órgano como elemento integrador do conxunto arquitectónico no que se atopa. Con Rafa Fernández e Virxilio da Silvia na guitarra eléctrica, Juan Cañada, no contrabaixo, e Alejandro Salgueiro no órgano. Como acontece co resto de actividades do ciclo, o concerto esgotou xa as localidades dispoñibles.
Festival C 2021
Organizado pola Concellaría de Acción Cultural, coa xestión do Auditorio de Galicia e o apoio da Deputación da Coruña e o Consorcio de Santiago, o Festival C esténdese do 2 ao 31 de agosto por numerosos espazos da cidade e conta coa colaboración doutros programas e institucións como o circuíto Danza a Escena do INAEM ou o Instituto de Cultura Romanés.
A danza e a música para órgano centran os últimos espectáculos do Festival C
27/08/2021 O Festival C emprende xa a súa recta final e despide un mes de actividades de teatro e danza, de obradoiros de circo, proxeccións de cinema na rúa, itinerarios e laboratorios de creación sonora, concertos, exposicións, recitais de poesía, conversas, debates e videomappings.
Intempestiva, a nova proposta escénica da compañía de danza urbana Elahood, abre a programación semanal o luns 30 ás 20.00 horas no parque de Bonaval. Inspirada na obra e na figura da poeta e mestra Xela Arias, é un espectáculo de 15 minutos de duración para espazos non convencionais que conta con Julia Laport e Sabela Domínguez na coreografía e interpretación, e con Gena Baamonde na dramaturxia escénica. A peza traslada as verbas de Xela Arias aos corpos de Elahood nunha viaxe compartida coas audiencias, dende unha ollada feminina desbordada no movemento e na danza.A cita coa nova ola do cinema romanés adiántase esta semana ao luns para proxectar o filme Cărturan (2019) ás 21.30 horas no paseo central da Alameda. A ópera prima do director romanés Liviu Săndulescu, retrata a experiencia dun sesaxenario que, ao saberse nos últimos días da vida, decide arranxar as cousas pendentes. Ambientado no rural, este filme de metraxe pausada, con longos planos que exploran as relacións das personaxes, ofrece un sutil retrato da sociedade romanesa.
O martes 31 ás 18.00 horas, o parque de Bonaval será tamén escenario a última sesión dos Contos no parque. A Caixa sen Pandora é unha historia protagonizada por Teatro Ghazafelhos que relaciona a lenda de Pandora coa loita pola igualdade das mulleres. Trátase dunha divertida lembranza das distintas mulleres universais en xeral, e galegas en concreto, que decidiron romper ca norma establecida e abrir a súa propia caixa iniciando un movemento imparable pola igualdade. Esta sesión de contos está recomendada para nenas e nenos a partir de 3 anos. O acceso é de balde previa reserva en reservas.gal
As artistas circenses Raquel Oitavén e Mercè Solé presentan o martes 31 no CGAC Vértigo. Producido por PistaCatro, trátase dun espectáculo de danza vertical que busca abraiarnos e facernos gozar dunha forma orixinal e diferente. Recomendado para público de máis de 5 anos, comeza ás 20.00 horas e xa ten as entradas esgotadas.
Ademais, no interior da Zona C. Punto de Información Cultural, continúa até o 3 de outubro a mostra Ruxe Ruxe (1996 - 2021): 25 anos de universo gráfico. Esta ollada aos deseños que acompañaron a andaina musical da banda de rock máis lonxeva de Compostela inclúe pezas de artistas como Javier Iglesias, Pachu M. Torres, Xulio Cé "Arinspunk", Miguel Duarte, o Grupo Revisión, Carlos Azagra (El Jueves), Diego Pérez "Diebujitos", Laura Romero ou Raio Díaz (Caramuxo).
No mes de setembro, a exposición amplía o seu horario e poderá ser visitada de martes a sábado de 11 a 14 horas e de 16 a 19 horas e nas mañás dos domingos de 11 a 14 horas. O acceso é sempre de balde sen necesidade de reserva previa.
De Lugares e Órganos
Tamén ao abeiro do Festival C, a programación semanal do ciclo De Lugares e Órganos abre o luns 30 e esténdese até a fin de semana. A sala NUMAX acolle ás 19.30 horas a proxección de Carnival of souls