FESTAS

Santiago e Padrón estreitan os seus lazos un Apóstolo máis

28/07/2021 As festas do Apóstolo celebraron este mércores o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa.

A Corporación compostelá recibiu a súa homónima padronesa na praza do Obradoiro, onde se produciu o intercambio de bastóns de mando entre os dous rexedores e os saúdos protocolarios. Logo, os/as representantes municipais de ambos os dous concellos dirixíronse á Casa do Concello.

Na terraza do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o rexedor padronés, Antonio Fernández Angueira, destacaron os 60 anos de tradición desta irmandade entre Compostela e Padrón.

Despois dos discursos, as dúas Corporacións saíron aos balcóns de Raxoi para escoitar as interpretacións das bandas municipais de música das dúas vilas.

Compartir: