EDUCACIÓN
O xurado estivo formado polos ilustradores Rebeca Luciani, Javier Serrano e Xosé Cobas; a libreira e pedagoga Lola Gallardo; a directora editorial de KALANDRAKA, Manuela Rodríguez; o edil de Educación do Concello de Santiago, Rubén Prol; e a técnica do departamento de Educación, Beatriz Varela, como secretaria.
Na valoración de 'Selva' destacaron que se trata dunha obra "brillante, orixinal e de gran riqueza cromática, que narra en imaxes o divertido paseo dun neno por unha paraxe de exuberante vexetación". Tamén resaltaron o final "sorpresivo" desta historia, na que o protagonista penetra "nun lugar onde a memoria fará voar a súa imaxinación".
FINALISTA E MENCIÓN ESPECIAL
Os artistas mexicanos Claudia Novaro Malpica e Armando Fonseca foron finalistas do XIV Premio Compostela cun álbum para lectores autónomos titulado 'De papel', no que os autores presentan "un paralelismo entre o papel e a vida". Ademais, o xurado outorgoulle unha mención especial a 'A Nota', dos madrileños Daniel Montero Galán e Pilar Serrano Burgos.
Un ano máis, o certame tivo un importante nivel de participación a pesar de persistir as circunstancias asociadas á pandemia, con preto de 400 traballos presentados procedentes de máis de vinte países, como España, Italia, Portugal, Estados Unidos, México, Arxentina, Francia, Ucraína, China ou Kazhakhstán, entre outros. O xurado eloxiou a "variedade e riqueza temática e plástica" dos proxectos.
PRÓXIMA PUBLICACIÓN
'Selva' publicarase en novembro deste ano, en colaboración con KALANDRAKA e será un dos eixos na proxección exterior da citada editorial e da cidade de Santiago a través das feiras internacionais do libro, que se retoman tras o paréntese motivar pola crise sanitaria.
Nas trece edicións precedentes foron premiados 'Preto', de Natalia Colombo; 'Un gran soño', de Felipe Ugalde; 'A familia C', de Pep Bruno e Mariona Cabassa; 'O camiño de Olaj', de Martín León Barreto; 'Bandada', de David Álvarez e Julia Díaz; 'Mamá', de Mariana Ruiz Johnson; 'Ícaro', de Federico Delicado; 'Despois da choiva', de Miguel Cerro; 'Unha última carta', de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi; 'A horta de Simón', de Rocío Alejandro; 'Cándido e os demais', de Fran Pintadera e Christian Inaraja; 'O can de Milu', de Máriann Maray; e 'Desde 1880', de Pietro Gottuso.
'Selva', da catalá Marina Gibert, gaña o XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado
30/06/2021 A autora catalá Marina Gibert foi a gañadora do XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado cun proxecto titulado 'Selva', que representa unha metáfora da memoria. 'De papel', dos mexicanos Claudia Novaro Malpica e Armando Fonseca, é o finalista do certame, ao que se presentaron preto de 400 traballos dunha vintena de países. O premio, que está organizado polo Concello de Santiago e KALANDRAKA, ten unha dotación económica de 9.000 euros e leva a publicación da obra nas cinco linguas peninsulares.
De Girona e afincada en Lisboa, Marina Gibert estudou na Escola de Arte e Deseño A Llotja de Barcelona e ampliou a súa formación no Seminario de Ilustración do Centro lisboeta de Arte e Comunicación Ar.Co.O xurado estivo formado polos ilustradores Rebeca Luciani, Javier Serrano e Xosé Cobas; a libreira e pedagoga Lola Gallardo; a directora editorial de KALANDRAKA, Manuela Rodríguez; o edil de Educación do Concello de Santiago, Rubén Prol; e a técnica do departamento de Educación, Beatriz Varela, como secretaria.