MOBILIDADE

O xoves 1 de xullo comeza o horario de verán na rede de transporte público de Santiago de Compostela

29/06/2021 Este vindeiro xoves, 1 de xullo, entrarán en vigor os horarios da temporada de verán no transporte urbano.

As liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais desta temporada. Este verán, as liñas 6 e C11 adaptan a súa estrutura horaria para manter as mesmas frecuencias que no inverno.

Xa está disponible nos autobuses a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e nos vindeiros días realizarase a sustitución da cartelería nas paradas da cidade.

No documento adxunto poden consultar os horarios e frecuencias por liña.

Compartir: