ACCIÓN CULTURAL
Atlántica en Compostela
No tocante a Santiago, a primeira xornada estará protagonizada por tres espectáculos para nenos e un para adultos, das artistas Eugenia Manzanera, Charo Pita e Marta Ortiz. Todas as actividades son gratuítas pero para asistir cómpre reservar o convite a través da web festivalatlantica.gal. O festival está presente na cidade compostelá grazas á Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.
O programa comezará ás 11 horas coa ‘Galicia máxica’ de Marta Ortiz no Monte Viso, un espectáculo concibido para nenos maiores de catro anos. Trátase dunha viaxe pola Galicia máis abraiante, chea de seres máxicos, cancións, xogos e tradicións que gardan a canda elas costumes e sentires dun pobo. Unha mestura de narración oral, música e manipulación de obxectos para poñer en valor e achegarlles aos cativos o noso patrimonio cultural de maneira divertida. Os convites pódense reservar aquí.
Un chisco máis tarde, ás 12 horas, Eugenia Manzanera levará os seus ‘Contos galiñáceos’ ata o xardín de Fontiñas, xusto detrás do Centro Sociocultural. Nesta sesión haberá múltiples personaxes con peteiro: galiñas, parrulos, curuxas, rulas… E virán cheos de historias aladas para despegar e ser felices. A función, para nenos maiores de tres anos, está concertada cos campamentos dos CSC, pero de quedaren prazas libre, pode entrar público ata completar o aforo.
Xa pola tarde, ás 19 horas, o quiosco da música da Alameda vai acoller unha sesión para bebés de entre cero e 3 anos titulada ‘Fábulas no berce’, de Charo Pita. Unha escolma de pequenas narracións acompañadas de sons, monicreques e libros moi visuais para captar a atención deste público tan especial. Relatos sinxelos, ritmos e cancións para introducir os máis cativos no universo das palabras. Este espectáculo ten esgotados os convites pero está habilitada unha lista de reserva por se hai cancelacións de última hora.
A quenda dos adultos chegará ás 21:30 horas con ‘Un, dous o(u)varios contos’ de Eugenia Manzanera. A cita será no parque de Bonaval onde a narradora salmantina preparará un cóctel de historias femininas, feministas, felinas e fellinianas aderezadas cun chisco de picante e pingas de humor. Unha refrescante combinación para o verán que cómpre degustar con palla retranqueira. Os convites pódense reservar aquí.
Sobre as artistas
Marta Ortiz é catalá, de orixe andaluza e vive e conta en Galicia desde o 2007, así que tamén é galega de adopción e corazón. Viviu en varias cidades ata que chegou a Santiago de Compostela, onde namorou dos contos. Conta soa e acompañada, para persoas de calquera idade, con obxectos, co xesto, coa rima e coa música. O seu repertorio nace de contos tradicionais, de historias de vida, de lembranzas incompletas, onde realidade e ficción se encerellan ata que non se sabe onde remata unha e comeza a outra. Tamén forma parte da compañía Tropa de Trapo co músico e narrador Brais das Hortas e é socia fundadora de Charlatana Cooperativa Galega de Artistas.
Eugenia Manzanera, en 1992, logo de traballar con Achiperre e Comediants na Expo de Sevilla, creou a súa propia compañía compaxinando a narración oral co teatro. Especializouse en commedia dell’arte en Italia con Antonio Fava e entrou no teatro para bebés da man de Carlos Laredo. Aínda que non leve nariz, a Manzanera sáelle o clown polos catro costados. Encántalle provocar sorrisos, risos e gargalladas.
Nos seus espectáculos a palabra adquire unha gran forza combinada con xogos rítmicos sonoros, onde os obxectos sempre propoñen outra maneira de estar no mundo. En activo dende hai 30 anos, foi directora, produtora, dramaturga, actriz e, sobre todo, pallasa.
Manzanera colleitou varios galardóns na súa longa traxectoria, como o premio Moretti co teatro infantil Cuéntame un cuento, ou o Premio do Público 2016 ao mellor espectáculo infantil na Feira de Teatro de Castela e León en Ciudad Rodrigo ou o Premio Fetén 2017 ao mellor espectáculo de pequeno formato para nenos, ambos por Retahilando. Dende o 2017 coordina o Encontro de Pallasas de Salamanca, no que se lle dá visibilidade á muller artista pallasa. Como contadora participou nunha morea de festivais e encontros nacionais e internacionais de narración oral.
Charo Pita naceu á idade de seis anos cando acabou de ler o seu primeiro libro. Leva contando historias de viva voz e impartindo obradoiros de narración oral e lectura en voz alta desde o ano 94, como narradora en solitario, dentro de espectáculos bilingües inglés-galego, ou en sesións nas que se combinan os contos e a música. Como escritora ten máis dunha ducia de libros publicados. Recibiu algúns galardóns literarios, como o premio Espiral Maior de poesía no ano 2001 ou o Manuel Murguía de narracións breves para adultos no 2018. Recentemente, o seu poemario ‘O cuarto de Jane’ gañou o primeiro premio do XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Unha das súas facetas máis persoais é a de mesturar contos e música, de aí a súa participación en proxectos como ‘A nena e o grilo no país das apertas’ xunto a Magín Blanco, en ‘Estamos no verán’ xunto a Xoán Curiel ou en ‘No país do vento’ da man de María Faltri e Jorge Juncal.
Atlántica segue
As actividades de Atlántica continuarán ata o vindeiro 11 de xullo e vanse desenvolver por toda Galicia. O programa completo do festival e mais a información sobre os artistas, espectáculos e a reserva de entradas pódese consultar na web do festival. Por mor das cambiantes restricións sanitarias, cómpre consultar a web para coñecer a información máis actualizada sobre reservas e accesos aos espectáculos.
A primeira xornada do Festival Atlántica trae a Santiago catro espectáculos
29/06/2021 Este xoves, 1 de xullo, comeza oficialmente a novena edición do Festival Atlántica, que se prolongará ata o día 11 deste mes e que programa máis de 80 funcións gratuítas en 27 concellos de toda Galicia. No tocante a Santiago, a primeira xornada estará protagonizada por tres espectáculos para nenos e un para adultos, das artistas Eugenia Manzanera, Charo Pita e Marta Ortiz.
Ao longo destes días vanse xuntar en Galicia unha trintena de contadores procedentes de Guinea Ecuatorial, Brasil ou Portugal, Zamora, Salamanca, Guadalaxara e, por suposto, Galicia. Unha novidade deste ano son os espectáculos en espazos de gran valor patrimonial. Haberá contos en lugares como as Torres de Altamira, en Brión, ou no curro de Sabucedo, ou no Castelo de Castrodouro, en Alfoz, por citar algúns. A historias de Atlántica tamén chegarán a zonas naturais como carballeiras ou fragas autóctonas con xacementos arqueolóxicos, castros, petróglifos, alvarizas e mesmo navegarán en barcas no Miño e na Guarda. O programa completo do festival e mais a información sobre os artistas, espectáculos e a reserva de entradas pódese consultar na web do festival.Atlántica en Compostela