TURISMO
No ano 2020 Turismo de Santiago mantivo a DispoApp activa pero sen introducir melloras nin darlle gran visibilidade. Sen embargo, neste 2021, ante a evolución do proceso de vacinación e de diversos datos positivos nas últimas semanas, que anticipan unha temporada de verán cun maior fluxo turístico que a do ano pasado, decidiuse relanzar a ferramenta para prestar un servizo engadido aos aloxamentos da cidade.
A ferramenta é de balde para os aloxamentos. O proceso de carga é moi sinxelo. En apenas dez segundos poden indicar as prazas que teñen dispoñibles en cada momento e os seus prezos. Esta información pode actualizarse ao longo do día todas as veces necesarias. Ademais, este ano mellorarase o proceso de xestión interna para os aloxamentos, que poderán actualizar por si mesmos toda a súa información.
Segundo dixo Sindo Guinarte, "hai varias razóns que, sempre dende a prudencia, permítennos ser optimistas de cara a esta temporada de verán". Entre estas razóns, destacou a forte aposta que están facendo as compañías aéreas polo aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, que neste verán terá 14 rutas internacionais operadas por seis compañías distintas, así como o aumento constantes no número de peregrinos que chegan á cidade.
O concelleiro tamén apuntou como unha destas razóns o incremento paulatino das consultas na oficina de información de Turismo de Santiago dende o levantamento do Estado de Alarma o pasado 9 de maio. Destacou sobre todo o incremento que se producíu na semana o 21 ao 27 de xuño, con respecto da anterior, pasando de 1.466 a 2.607. Na mesma semana do ano pasado, xusto recén levantado o primeiro Estado de Alarma, atendéronse 316 consultas.
Ademais, estanse incrementando dun xeito moi relevante o número de consultas na web de Turismo de Santiago, www.santiagoturismo.com, sinal de que existe un interese crecente en visitar a cidade. Por exemplo, do 1 de xuño ao 27 de xuño do ano pasado, a web tivo 42.291 usuarios. No mesmo período deste ano os usuarios incrementáronse ata os 54.791.
Turismo de Santiago relanza a DispoApp polo incremento previsto do fluxo turístico
29/06/2021 O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañado pola xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, anunciou que neste verán Turismo de Santiago relanzará a DispoApp, unha ferramenta pensada para que os aloxamentos podan informar en tempo real da súa dispoñibilidade de prazas para o mesmo día.
Máis de sesenta establecementos da cidade empregaron con regularidade a DispoApp no ano 2019. A ferramenta recibiu nese ano máis de 30.000 consultas de persoas que buscaban aloxamento para o mesmo día e do propio persoal de Turismo de Santiago, que a emprega para informar ás persoas que chegan á oficina sen reserva na cidade.No ano 2020 Turismo de Santiago mantivo a DispoApp activa pero sen introducir melloras nin darlle gran visibilidade. Sen embargo, neste 2021, ante a evolución do proceso de vacinación e de diversos datos positivos nas últimas semanas, que anticipan unha temporada de verán cun maior fluxo turístico que a do ano pasado, decidiuse relanzar a ferramenta para prestar un servizo engadido aos aloxamentos da cidade.