XUNTA DE GOBERNO
Vehículos policía local
Tamén se adxudicou o contrato de "subministración de vehículos para a Policía Local de Santiago de Compostela mediante arrendamento con mantemento (renting): Lote 1: dous vehículos tipo turismo "UMK" (unidade móbil camuflada); Lote 2: Un vehículo tipo turismo; Lote 3: Un vehículo tipo todoterreo; Lote 4: Oito vehículos tipo monovolume", a favor das empresas Grupivazgle S.L. cun importe de 66.720 euros para o lote I e Autos Iglesias, SL, que oferta un importe de 37.056 euros para o lote II; de 49.680 euros para o lote III e de 356.352 euros para o lote IV, sendo as súas ofertas as máis vantaxosas das presentadas.
Así mesmo Grupivazgle S.L compromete para o lote I un prezo/km de 0.078 euros polo abono dos quilómetros non consumidos durante o período de arrendamento respecto dos km/ano estimados para cada tipo de vehículo e un cargo/km de 0,00 euros polo exceso de quilómetros consumidos durante o período do arrendamento con respecto aos km/ano estimados para cada tipo de vehículo.
Pola súa banda, a empresa Autos Iglesias SL compromete para os lotes II, III e IV un prezo/km de 0.062 euros polo abono dos quilómetros non consumidos durante o período de arrendamento respecto dos km/ano estimados para cada tipo de vehículo e un cargo/km de 0,00 euros polo exceso de quilómetros consumidos durante o período do arrendamento con respecto aos km/ano estimados para cada tipo de vehículo. O contrato é por catro anos. As cantidades de referencia son sen IVE.
Por outra banda acordouse o sometemento da proposta actualizada de estrutura de custes do servizo de xestión do servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros do termo municipal de Santiago de Compostela a información pública no Boletín Oficial da Coruña, por un prazo de 20 días hábiles. Transcorrido ese prazo sen recibir alegacións ao respecto remitirase á Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Xunta de Galicia.
A Xunta de Goberno local adxudica a Cespa por tres anos o servizo de mantemento e conservación dos espazos verdes
28/06/2021 A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, acordou adxudicar o contrato do "Servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e do arboredo do Concello de Santiago de Compostela", por un periodo de tres anos, á empresa Cespa Compañía Española de Servicios Públicos Auxiliares S.A., por un importe de 11.324.137 euros.
A empresa compromete unha baixa de 55 % sobre o cadro de prezos. Tamén se aproba e dispón gasto necesario para o financiamento do contrato, dunha duración de tres anos, e por un importe total 3.774.712,34 euros anuais.Vehículos policía local