XUNTA DE GOBERNO
O concelleiro destacou, como novidade, o uso desta aplicación, que a empresa Alimentación Saludable Gallega, S.A. pon a disposición do servizo de madrugadores e comedores. Nesta plataforma de comunicación bidireccional poderase consultar a programación diaria de menús, a información nutricional e realizar as xestións de contratación dos servizos (altas e baixas).
No momento da presentación das solicitudes nos prazos establecidos, non será necesario achegar ninguna documentación. O Departamento de Educación poderá requirir ás familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.
No caso dos usuarios/as que fixeran uso dos servizos ou entregaran a ficha de matrícula no curso 2020-2021, só terán que rexistrarse na APP ColeChef.
Admitiranse as solicitudes fora dos prazos establecidos durante o curso 2021-2022 pero, neste caso, a admisión nos servizos estará condicionada á existencia de prazas vacantes. Non obstante ofrécese a posibilidade de contar cun servizo de comida para levar para aquelas familias que o desexen que consiste nunha bolsa cunha barqueta que inclúe un primeiro, un segundo, postre e pan para consumir na casa. A comida entrégase en liña quente. O prezo é o mesmo que o menú no comedor.
Prezos
Para o curso 2021-2022 manteranse os mesmos prezos públicos que foron aprobados na Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 23 de decembro de 2019, que son os seguintes:
-Prezo do xantar /comensal/día: 4,50 euros/día (IVE engadido)
-Prezo do almorzo/comensal/día: 1,94 euros/día (IVE engadido)
No caso de non asistencia ao servizo de xantar e de almorzo, para o aboamento do servizo, deberá comunicalo antes das oito da tarde do día anterior a través da APP ColeChef. Para utilizar a modalidade puntual no xantar, será necesario activar o servizo na APP antes das catro da tarde do día anterior.
Prazas
Sobre a orde de adxudicación de prazas, e debido a que aínda hai que gardar a distancia de seguridade, a capacidade dos comedores vese reducida á metade. Dado o volume de solicitudes recibidas no curso anterior, pode establecerse unha dobre quenda, e a maiores, fixase unha orde de preferencia na asignación de prazas. Terá preferencia o alumnado bolseiro polo Departamento de Benestar social do Concello de Santiago de Compostela; aquelas familias nas que ambos titores estean traballando ou en tránsito laboral no horario de comedor, ou un no caso de familias monoparentais. Tamén terán preferencia as familias que soliciten os 5 días da semana e polo tanto, o mes completo. A continuación, a orde de asignación de prazas será en función do número de días solicitados. No caso de empate realizaríase un sorteo.
Outros acordos da Xunta de Goberno
Na Xunta de Goberno de hoxe tamén se aprobou a segunda prórroga do contrato administrativo para a xestión do "servizo de Catering e de Persoal Monitor/Coidador de Comedor Escolar para os CEIPS dependentes do Concello de Santiago de Compostela 2019-2020" por un período de 7 meses, desde o 1 de xullo de 2021 ata o 30 de xaneiro de 2022; por importe de 510.555,70 euros.
A maiores, o executivo municipal adxudicou, por un ano, o "Servizo para a execución do programa piloto para a implantación dun servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal na Ludoteca das Fontiñas, no espazo educativo e de lecer María Miramontes", a favor da empresa "Escuela de tiempo libre Don Bosco", por un importe de 132.041,78 euros IVE engadido.
Aprobados os prazos e o procedemento de admisión e matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores nos centros de educación infantil e primaria
28/06/2021 O concelleiro de Educación, Rubén Prol, deu conta hoxe da aprobación dos prazos e o procedemento de admisión e matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2021-2022. Estivo acompañado pola técnica do departamento, Beatriz Varela; e a representante da empresa encargada da xestión, Patricia Fontaíña.
O prazo de matrícula ábrese do mércores 30 de xuño e remata o 14 de xullo, (ámbolos dous inclusive). Os novos usuarios deberán entregar cuberto o correspondente impreso de matrícula, que poderá descargarse da web www.santiagodecompostela.gal, e deberán rexistrarse posteriomente na APP ColeChef.O concelleiro destacou, como novidade, o uso desta aplicación, que a empresa Alimentación Saludable Gallega, S.A. pon a disposición do servizo de madrugadores e comedores. Nesta plataforma de comunicación bidireccional poderase consultar a programación diaria de menús, a información nutricional e realizar as xestións de contratación dos servizos (altas e baixas).