PLENO
Este centro suporá a construción dunha infraestrutura de 2.500 metros cadrados, localizada no parque empresarial de A Sionlla en Santiago, con instalacións dotadas con todos os requirimentos técnicos necesarios e o equipamento máis avanzado para prover de servizos a empresas biotecnolóxicas e institucións que queiran facer usos dos mesmos en réxime de autoservizo.
O Concello declara este proxecto de interese público dado o potencial de crecemento deste sector económico, o seu grao de implantación no tecido productivo e investigador da cidade e o impacto potencial que sobre a creación de emprego estable e de calidade tería o desenvolvemento deste sector no Concello de Santiago.
Outros asuntos
Nesta sesión plenaria tamén se aprobou o réxime de fiscalización de ingresos e de fiscalización e intervención limitada previa sobre gastos e obrigas para o exercicio da función interventora que, segundo a concelleira de Facenda, Marta Abal, ""ven a dar cumprimento ao RD 424/2017, polo que se establece o réxime de control interno das entidades do sector público local, regulando nun único documento o exercicio da función interventora sobre dereitos e ingresos da entidade matriz do concello de Santiago de Compostela e do Organismo Autónomo Auditorio de Galicia".
Así mesmo, deuse luz verde a una moción conxunta de todos os grupos municipais sobre as peaxes nas autovías galegas, que indica que "o Concello de Santiago acorda como resolución amosar a súa rotunda oposición á intención do Goberno central de establecer peaxes nas autovías de titularidade estatal, por considerala unha medida regresiva, que establece barreiras económicas no acceso a servizos básicos como son as infraestruturas viarias, porque incrementa a inseguridade viaria e porque supón un atranco para o desenvolvemento económico e a cohesión social de Galicia".
A moción presentada polo BNG sobre a activación do protocolo de protección contra as violencias de xénero e evitar a revitimización foi aprobada tamén por unanimidade dos grupos.
O Pleno declara de interese xeral municipal o Centro de servizos innovadores para empresas biotecnolóxicas da Sionlla
31/05/2021 Na sesión ordinaria de maio, o Pleno do Concello aprobou por unanimidade a declaración de interese xeral municipal do proxecto do Centro de servizos innovadores para empresas biotecnolóxicas (CSIEB) promovido por Sionlla Biotech, sociedade limitada integrada por Uninova, a Cámara de Comercio e a Asociación de Empresarios do Tambre.
O proxecto empresarial Sionlla Biotech, sociedad limitada da que forman parte a Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L. (UNINOVA SL) , a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e a Asociación Área Empresarial do Tambre, cunha participación respectiva do 14, 10 e 76%, foi constituída para a realización do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas (Polo de Innovación en Biotecnoloxía-CSIEB), no marco da convocatoria da Xunta de Galicia de axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa de centros de fabricación avanzada), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao abeiro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.Este centro suporá a construción dunha infraestrutura de 2.500 metros cadrados, localizada no parque empresarial de A Sionlla en Santiago, con instalacións dotadas con todos os requirimentos técnicos necesarios e o equipamento máis avanzado para prover de servizos a empresas biotecnolóxicas e institucións que queiran facer usos dos mesmos en réxime de autoservizo.