MEDIO RURAL

O alcalde e o concelleiro de Medio Rural visitan o remate das obras das pistas polideportivas e o parque biosaudable do Carregal, no Eixo

29/05/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, supervisaron; acompañados dunha representación da Asociación de Veciños do Eixo, o remate das obras da "Pistas polideportivas multiusos no lugar de Carregal e parque biosaudable no entorno da igrexa do Piñeiro", que contaron cun orzamento de adxudicación de 125.920 euros, e un prazo de execución de dous meses. Unha área recreativa e deportiva que xa está sendo utilizado pola veciñanza da zona.

Os traballos enmárcanse no plan POS+ que desenvolve a concellaría de Medio Rural, en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña; e consistiron nas seguintes actuacións:

-Sobre a explanada previamente existente en terra, conformáronse dúas pistas deportivas multifuncionais mediante a execución dun pavimento de formigón fratasado e coloreado. Este pavimento deseñouse tamén para soportar a carga de vehículos de alto tonelaxe que permitan a instalación de escenarios móbiles ocasionalmente. Procedeuse tamén a instalación de iluminación artificial e de equipamento deportivo.
-Creouse un espazo biosaudábel instalando seis elementos (volante, xiro de cintura, sube e baixa, patines, remo e surf).
- Rehabilitouse a edificación auxiliar existente para a súa utilización como vestiarios, aseos e almacén e posta en marcha dun equipo de depuración autónomo.
-Mellorouse o acceso rodado a parcela e do seu perímetro tendo en conta os criterios de integración patrimonial coa Ruta da Prata do Camiño de Santiago, e coa contorna de protección da igrexa de Piñeiro do Eixo e tamén coa marxe do río de Santa Lucía.

Ademais do alcalde e do concelleiro de Medio Rural, na vista estiveron presentes Roberto García, presidente da AV do Eixo; Mercedes Prieto, vogal, e Jorge Mosquera, vicesecretario.

Obras no Centro Sociocultural da Peregrina
Por outra banda, o luns, 31 de maio, dará comezo a execución das obras de "Mellora e acondicionamento do local sociocultural da Peregrina" promovidas pola Concellería de Medio Rural. A actuación ten un orzamento de adxudicación de 104.323,07 euros e un prazo de execución de catro meses.

As obras enmárcanse dentro do plan POS+ que desenvolve a Concellaría en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña.

A inversión prevista ten os seguintes obxectivos fundamentais:
Desmontaxe e reparación da cuberta do edificio para a súa impermeabilización e illamento térmico e instalación de novos caneiros e baixantes.
Levantado da carpintaría exterior existente de aluminio e colocación de nova carpintaría de aluminio lacado co rotura de ponte térmica, vidrado e persianas interiores.

-Reestruturación dos aseos para dotarlle da accesibilidade requirida e a renovación dos aparatos sanitarios e as instalacións.
-Renovación dos pavimentos dos espazos interiores con baldosas cerámicas e pintado dos seus paramentos.
-Saneo e pintado dos paramentos verticais do exterior do edificio.
Creación dun novo espazo paro uso de almacén e de cociña para o servizo do local.
-Implantación de ramplas exteriores para dotar de accesibilidade ao edificio.
Renovación integral da instalación eléctrica con circuítos independentes de forza e alumeado.
-Instalación de iluminación interior, exterior e de emerxencia con tecnoloxía LED.

Desbroces
O pasado 18 de maio comezou a campaña de desbroces que leva a cabo a concellaría de Medio Rural, que foi consensuada coa Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (FERUSA). Xa se levaron a cabo en Figueiras e Villestro; e neste momento están rematando en Laraño.

A continuación, segundo o programa consensuado con FERUSA, trasladaranse a A Rocha (Vidán), A Curuxeira, O Castiñeiro, O Eixo, Marrozos, Aríns, Bando, Sabugueira, Enfesta, O Carballal, Cesar, A Barciela, Marantes, Nemenzo, Busto, Verdía, A Gracia, Grixoa, A Peregrina, San Xoán de Fecha, e Santa Cristina de Fecha.

Compartir: