CENTROS SOCIOCULTURAIS

Publicadas as listas de admitidos ao sorteo para participar no programa "Mañás de verán" da rede de Centros Socioculturais.

28/05/2021 O programa "Mañás de verán"que se desenvolverá nos Centros Socioculturais urbanos de Vite, Fontiñas e Santa Marta; e nos do rural de A Gracia, Figueiras, Lavacolla, Marrozos, Nemenzo e Villestro, recibiu 302 preinscripcións para cubrir as 150 prazas ofertadas.

Os CSC urbanos recibiron un total de 173 presinscricións para cubrir 60 prazas. E os do rural 229, para as 90 vacantes ofertadas. Ante a gran demanda, vaise celebrar un sorteo entre todas solicitudes admitidas, que terá lugar o xoves, 3 de xuño, no Centro Sociocultural de Santa Marta.

Finalizado o sorteo publicaranse as listas definitivas de admitidos a partir do 8 de xuño, quedando expostas nos taboleiros informativos dos CSC onde se desenvolva cada programa.

Este sorteo exclúe aquelas solicitudes que non cumprían cos requerementos de empadroamento e/ou idade. As prazas sortearanse por familias. En todos os casos é preciso facer o sorteo, agás no CSC de Figueiras, onde quedou unha vacante.

Compartir: