CENTROS SOCIOCULTURAIS

MAÑÁS DE VERÁN E DE XOGO

04/05/2021 A Rede de Centros Socioculturais do concello de Santiago ofrece nas mañás do mes de xullo un conxunto de actividades de lecer, socioculturais e recreativas que forman parte do programa Vive o verán. Están destinadas a nenos e nenas de Santiago e desenvolveranse en diversos centros da cidade e tamén en centros das parroquias do rural.

PRAZO DE PREINSCRICIÓN: do 4 ao 22 de maio nos centros socioculturais, en horario de 10 a 14h e 17 a 21h ou enviando
a ficha de preinscrición cuberta ao correo electrónico:
viveoveran@santiagodecompostela.gal

Durante as mañás, de luns a venres de 10 a 14h, pero con posibilidade de horario ampliado para aquelas familias que o soliciten, os centros desenvolverán un variado programa de actividade cos grupos estables de participantes, que poderán apuntarse tanto na modalidade de mes completo, como por quincenas.

As actividades terán carácter educativo, cultural e de lecer priorizando os espazos exteriores dos centros e fomentando una convivencia saudable e segura atendendo ás pautas e normativas sanitarias.

Para o coñecemento das familias dos nenos/as participantes, o departamento de centros socioculturais dispón do protocolo de prevención Covid-19 -actividades vive o verán 2021- que pode descargarse ao remate deste información.

Compartir: