COMERCIO
En total, son 5.200.000 euros, dos que 4.200.000 se corresponden con axudas directas: 1.904.000 para o comercio; 1.747.105 para a hostalería; e 604.992 para a cultura. Ademais, destinaranse 150.000 euros ao bono parking; 600.000 ao bono-compra, que se fará efectivo a partir do 1 de setembro por petición expresa das asociacións; e 200.000 para actividades de promoción comercial. Neste epígrafe inclúese a celebración do Prima21, previsto para a primeira semana de xuño (de xoves 3 a domingo 6).
No que respecta ás axudas ao comercio, o alcalde salientou a aprobación unánime das bases por parte das asociacións comerciais, coas que se reuniu esta mañá. As contías das devanditas axudas oscilarán entre os 2.500 e os 5.500 euros e delas beneficiaranse "entre 500 e 600 comercios", indicou Sánchez Bugallo.
A convocatoria de hostalería, segundo indicou o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, prevé axudas de entre 2.500 e 5.000 euros e inclúe aos negocios de ocio de nocturno. En ambas bases se priorizarán os negocios que non obtiveron subvención na convocatoria anterior.
O rexedor tamén lembrou que se está acelerando "todo o que podemos as licitacións de obras". Un primeiro paquete xa foi aprobado na pasada xunta de goberno ordinaria, un segundo aprobarase previsiblemente na prevista para o luns 3 e quedaría pendente un terceiro.
O prazo para solicitar as axudas aos sectores comercial e hostaleiro abrirase na primeira semana de maio
30/04/2021 Unha vez aprobados os expedientes de crédito necesarios por parte do Pleno da Corporación, e coa entrada en vigor do orzamento de 2021 o vindeiro luns, a convocatoria de axudas para os sectores do comercio e a hostalería poderá ser aprobada o propio día 3 nunha Xunta de Goberno extraordinaria.
Segundo sinalou o alcalde, isto permitirá que as axudas poidan solicitarse a semana que vén. As primeiras en sair serán as destinadas aos sectores comercial e hostaleiro, ás que lle seguirán as previstas para o ámbito cultural.En total, son 5.200.000 euros, dos que 4.200.000 se corresponden con axudas directas: 1.904.000 para o comercio; 1.747.105 para a hostalería; e 604.992 para a cultura. Ademais, destinaranse 150.000 euros ao bono parking; 600.000 ao bono-compra, que se fará efectivo a partir do 1 de setembro por petición expresa das asociacións; e 200.000 para actividades de promoción comercial. Neste epígrafe inclúese a celebración do Prima21, previsto para a primeira semana de xuño (de xoves 3 a domingo 6).