ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reiterou a súa confianza nas forzas e corpos de seguridade do Estado: "estou plenamente convencido de que a seguridade do Estado responderá e polo tanto a seguridade dos camiños e da cidade estará cuberta e garantida".
Xuntanza do alcalde e o secretario de Estado de Seguridade
28/04/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá co secretario de Estado de Seguridade, Rafael Pérez, de visita na capital de Galicia para tratar cuestións de seguridade relativas ao Ano Santo 2021-2022. No encontro tamén estiveron presentes o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños.
Esta visita estaba motiva pola reunión da comisión de seguridade para o Ano Santo e, segundo sinalou o rexedor, "aproveitamos para facer un pequeno repaso dos temas estruturais pendentes en Santiago".Sánchez Bugallo reiterou a súa confianza nas forzas e corpos de seguridade do Estado: "estou plenamente convencido de que a seguridade do Estado responderá e polo tanto a seguridade dos camiños e da cidade estará cuberta e garantida".