ACCIÓN CULTURAL
Do mércores 5 ao sábado 8 de maio, Maru Godas, Paula Bonet, Inma Otero, Ana Penyas ou Ana Moreira "póñenlle cor e, ao mesmo tempo, debúxanos o papel da muller no mundo das artes. Un papel agochado e silenciado, que só agora, en pleno século XXI, comeza a ver a luz".
Todas as actividades, que se desenvolverán no Auditorio do Museo das Peregrinacións, son de balde. As persoas interesadas en asistir, son teñen que inscribirse na web de compostela ilustrada. Seguiranse en todo momento os protocolos de seguridade establecidos.
Gemma Sesar, coordinadora da xornada, lembrou que entre as actividades podemos atopar obradoiros de murais ilustrados; de colages e debuxos, de cómic; presentacións de libros e mesas redonda, etc. No mural ilustrado a protagonista será Xela Arias, a quen este ano se lle dedica o día das letras galegas.
Programa
Mércores 5 de maio. Durante todo o día
O mural ilustrado por Maru Godas
Homenaxe a Xela Arias. Día das Letras Galegas
Soportais do Museo das Peregrinacións
Xoves 6 de maio. De 10:00 a 13:00 h
O mural ilustrado por Maru Godas
Homenaxe a Xela Arias. Día das Letras Galegas
Soportais do Museo das Peregrinacións
Xoves 6 de maio. De 16:15 a 17:00 h
Coñecendo a Paula Bonet
Xoves 6 de maio. De 18:00 a 19:00 h
Obradoiro de debuxo «La madriguera» con Paula Bonet
Xoves 6 de maio. De 19:30 a 20:15 h
Presentación do libro La Anguila de Paula Bonet a cargo de Mercedes Corbillón
En colaboración coa Libraría Cronopios
Venres 7 de maio. De 10:00 a 12:00 h
O mural ilustrado por Maru Godas
Homenaxe a Xela Arias. Día das Letras Galegas
Soportais do Museo das Peregrinacións
Venres 7 de maio. De 16:15 a 17:00 h
Coñecendo a Ana Penyas
Venres 7 de maio. De 18:00 a 19:00 h
Obradoiro de colaxe e debuxo «Construír unha veciñanza» con Ana Penyas
Venres 7 de maio. De 19:30 a 20:15 h
Presentación do libro Todo bajo el sol de Ana Penyas
Sábado 8 de maio. De 11:00 a 11:45 h
Coñecendo a Inma Otero
Sábado 8 de maio. De 12:15 a 14:00 h
Obradoiro de debuxo con modelo «Un corpo sen presencia» con Inma Otero
Sábado 8 de maio. De 16:30 a 17:30 h
Obradoiro de cómic «Etiquétame. Unha experiencia con viño» con Ana Moreiras
En colaboración con Galicia Calidade
Sábado 8 de maio. Ás 18:00 h
Mesa redonda A conciencia do debuxo
Participan: Inma Otero, Ana Penyas e Ana Moreiras
Moderada por Maru Godas
Ilustración e feminismo cóllense da man na edición de primavera de Compostela Ilustrada
28/04/2021 A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a edición de primavera de Compostela Ilustrada, protagonizada por mulleres e que se desenvolverá do mércores 5 ao sábado 8 de maio. Estivo acompañada por Gemma Sesar, coordinadora das actividades.
Nesta edición de primavera de Compostela Ilustrada están programadas 13 actividades de gran interese, que, como salientou a concelleira de Acción Cultural, "mesturan ilustración e feminismo. Trátase de reflexionar, reivindicar, crear; a través da ilustración, do debuxo e do comic. De pór en valor o papel da muller, no pasado, no presente e no futuro".Do mércores 5 ao sábado 8 de maio, Maru Godas, Paula Bonet, Inma Otero, Ana Penyas ou Ana Moreira "póñenlle cor e, ao mesmo tempo, debúxanos o papel da muller no mundo das artes. Un papel agochado e silenciado, que só agora, en pleno século XXI, comeza a ver a luz".