IGUALDADE
Coa reapertura da CMXT, unha das primeiras accións que se están a impulsar teñen que ver coa realización dun mapeo de entidades e colectivos de mulleres e feministas. Esta acción persigue varios obxectivos: retomar o contacto coas entidades; recoller información para darlles visibilidade e destacar a importante labor que desenvolven; e seguir avanzando no modelo de uso e co-xestión da Casa. A seguinte das accións será constituír un Grupo Motor e, de xeito paralelo, ir activando un "Laboratorio de ideas" a través do que traballar cos colectivos e entidades na definición conxunta das liñas de actuación e dinamización da Casa.
Outra das novidades da CMXT é a súa apertura ao público con persoal técnico que prestará apoio e asesoramento sobre os recursos relacionados co temas de igualdade do Concello, así como do servizo de reservas dos espazos da Casa. Este servizo de información e asesoramento estará dispoñible tanto de forma presencial como a través da páxina web www.cimcompostela.gal (aínda en construción), correo electrónico (casaxt@santiagodecompostela.gal) e teléfono (608 710 978).
Ademais destas accións, dinamizarase tamén a CMXT coa realización de diversas actividades e propostas formativas que dean acubillo ás inquedanzas e propostas dos colectivos aos que está dirixido este espazo. Así, nos vindeiros meses poñerase en marcha unha programación que incluirá a realización de Cafés Feministas; Píldoras formativas; unha Escola de Empoderamento feminista; un roteiro virtual "Pegadas feministas", Fondo documental e de recursos feministas, así como a celebración doutras actividades en datas chaves do movemento feminista.
Neste momento estase iniciando o servizo de coordinación e funcionamento da Casa das Mulleres Xohana Torres, que irá artellándose ao longo dos 18 meses que durará o servizo. Para isto cóntase cunha equipa formada por unha técnica de políticas de xénero, unha técnica de comunicación e unha coordinadora xeral da empresa Desenvolvemento Local Galego S.L.
Trátase dunha actuación incluída na EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado), polo que está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.
Este venres reabre a Casa das Mulleres Xohana Torres
27/04/2021 A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, deu conta en rolda de prensa da reapertura da Casa das Mulleres Xohana Torres (CMXT) e do servizo co que contará para a súa coordinación e funcionamento. Estivo acompañada por Eva Garabal, que se encargará da coordinación das actividades e accións.
Este espazo foi inaugurado no ano 2017 co obxectivo de ser un espazo compartido e un lugar de debate e reflexión para poder confluír nas políticas, programas e proxectos que teñan como finalidade avanzar cara á consecución da igualdade real e efectiva de homes e mulleres en todos os ámbitos da vida. Segundo sinalou Mercedes Rosón, "hoxe preséntase unha nova etapa coa que proporcionar unha serie de recursos e servizos que dotará á Casa dun maior dinamismo".Coa reapertura da CMXT, unha das primeiras accións que se están a impulsar teñen que ver coa realización dun mapeo de entidades e colectivos de mulleres e feministas. Esta acción persigue varios obxectivos: retomar o contacto coas entidades; recoller información para darlles visibilidade e destacar a importante labor que desenvolven; e seguir avanzando no modelo de uso e co-xestión da Casa. A seguinte das accións será constituír un Grupo Motor e, de xeito paralelo, ir activando un "Laboratorio de ideas" a través do que traballar cos colectivos e entidades na definición conxunta das liñas de actuación e dinamización da Casa.