CIDADES PATRIMONIO
Segundo explicou Antonio Rodríguez Osuna, esta previsión parte "do último estudo recente que elaborou o Grupo a través dunha consultora, que nos define ás 15 cidades como obxectivo preferente dos turistas, polo noso rico patrimonio, cunha inmensa actividade cultural nas nosas rúas, que ofrecemos un turismo de experiencias, temos unha magnífica gastronomía e ademais as nosas rúas son museos ao aire libre".
Os datos do estudo reflicten, engadiu Rodríguez Osuna, que "o turista vai buscar espazos abertos, non masificados e que ofrezan un turismo de experiencias integral, desde punto de vista cultural, patrimonial e gastronómico. Estamos convencidos de que, a pesar de que non se van a dar as cifras do turismo de 2019, si vai haber un turista de maior calidade e maior gasto que vai propiciar unha recuperación económica máis rápida. O noso traballo está enfocado a ser os primeiros no momento en que se dea o pistoletazo de saída á mobilidade en España e en Europa e para iso imos ter tres grandes presentacións nacionais e internacionais".
A axenda de promoción nacional arrinca en Sevilla o 19 de abril. O presidente do Grupo subliñou que "é una cidade que atrae turismo nacional e internacional e mercado asiático. O prato forte terémolo despois en Madrid co alcalde José Luís Martínez Almeida, que nos acompañará o 13 de maio na presentación da nosa oferta turística na Casa da Panadaría, na Praza Maior, antes de FITUR, xa que o noso principal mercado emisor é Madrid".
A seguinte cita de promoción turística estará enfocada ao turismo internacional. O alcalde de Mérida adiantou que "o día 27 de maio imos estar no Concello de París os 15 alcaldes e alcaldesas. Vannos acompañar a alcaldesa de París; a ministra de Turismo, o director de Paradores Nacionais e o embaixador de España en Francia. A alcaldesa vai ser a anfitrioa da presentación oficial do Grupo o día 27 de maio ante turoperadores franceses. Hai que lembrar que os tres principais mercados emisores de turismo internacional son, por esta orde, Inglaterra, Alemaña e Francia. En 2019 viñeron 11 millóns de turistas franceses a España e trátase dun tipo de viaxeiro que busca o que ofrecemos as Cidades Patrimonio".
Xunto á intensa axenda de promoción nacional e internacional, o Grupo de Cidades Patrimonio tamén está a impulsar novas accións como "novas películas promocionais; o lanzamento de guías gastroturísticas das 15 cidades e unha potente campaña de promoción publicitaria", enumerou Rodríguez Osuna antes de concluír sinalando que "esperamos poder encarar xullo, agosto e o resto do ano con capacidade para recuperar a ilusión, a esperanza e a economía, que tan importante é nas nosas 15 cidades patrimonio. Estes son os acordos que adoptamos nesta Asemblea. É o momento oportuno para que esa recuperación que iniciamos no segundo semestre do ano se consolide coa presidencia do alcalde de Salamanca o próximo ano".
Pola súa banda, o alcalde de Salamanca e anfitrión da Asemblea, Carlos García Carbayo, asegurou que "vivimos con máis ilusión que ningún outro ano a celebración desta Asemblea en Salamanca, porque esta pandemia, que nos obriga a reinventalo todo, precisa de respostas certeiras, ambiciosas e creativas, que é precisamente o que buscamos nestas reunións, agora que se cumpren 28 anos desta andaina común que vai ir sumando alianzas e somos 15 cidades unidas para buscar a máxima visibilidade nacional e internacional".
Entre os acordos aprobados pola Asemblea, Carlos García Carbayo incluíu "a adxudicación do estudo para a elaboración de Plans de Xestión para cada unha das 15 cidades patrimonio, que se presentará na próxima Asemblea en Mérida. Tamén adxudicamos xa a elaboración de novos planos das cidades patrimonio, que nos identifiquen como cidades UNESCO, universais, destinos culturais diferenciados e privilexiados, que presentaremos este primeiro semestre do ano e dos que cada cidade terá 11.000 exemplares. Ademais, imos pór en marcha a terceira fase do proxecto para a homoxeneización de criterios para a sinalética patrimonial do grupo. Concretamente, a principios do mes de abril contaremos cunha proposta base que nos permitirá fixar un mínimo común para que as 15 cidades teñamos uns sinais similares, accesibles e que inclúan o logotipo da UNESCO".
O alcalde de Salamanca lembrou que "este ano imos celebrar tamén o Foro de Cidades Patrimonio / Cidades de Cultura, Cultura Segura, que contará coa presenza de xestores culturais de prestixio nacional e internacional, e que terá lugar en Alcalá de Henares do 13 ao 15 de xullo. Igualmente, no mes de outubro imos celebrar en Mérida o Cumio Hispano-luso de Cidades Patrimonio Mundial, no que analizaremos problemas comúns cos nosos veciños portugueses, compartiremos boas prácticas coa participación de expertos, e extraeremos conclusións para a xestión do turismo, do patrimonio, da cultura, do medioambiente ou da innovación".
Por último, Carlos García Carbayo lembrou que outro dos eventos importantes do ano será a Noite do Patrimonio, "unha cita de gran relevancia que cada mes de setembro, ano a ano, ten maior acollida e recoñecemento. Temos o firme obxectivo de consolidala e outorgarlle unha maior proxección".
Forman parte da Asemblea de alcaldes e alcaldesas: Javier Rodríguez Palacios, alcalde de Alcalá de Henares; Jesús Manuel Sánchez Cabrera, alcalde de Ávila; Dolores Marín Torres, alcaldesa de Baeza; Luís Salaya Julián, alcalde de Cáceres; José María Bellido Roche, alcalde de Córdoba; Darío Dolz Fernández, alcalde de Cuenca; Rafael Ruiz González, alcalde de Ibiza/Eivissa; Antonio Rodríguez Osuna, alcalde de Mérida; Carlos García Carbayo, alcalde de Salamanca; Luís Yeray Gutiérrez Pérez, alcalde de San Cristóbal de la Laguna; Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela; Clara Luquero Nicolás, alcaldesa de Segovia, Pau Ricomá Vallhonrat, alcalde de Tarragona; Milagros Tolón Jaime, alcaldesa de Toledo; e Antonia Oliveras Martínez, alcaldesa de Úbeda.
As Cidades Patrimonio marcan en Salamanca o punto de partida para a recuperación turística
27/03/2021 A cidade de Salamanca acolleu hoxe a celebración da Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE) que marca o punto de partida para a recuperación turística, á que asistiu a primeira tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón.
O presidente do Grupo e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, asegurou que "o Grupo está a traballar moi intensamente para a recuperación do turismo nas nosas 15 cidades. Temos a seguridade e a confianza de que a partir do mes de xuño poderase ir recuperando a mobilidade polo menos do turismo nacional e do turismo internacional europeo. O calendario de vacinación e a similitude dos países europeos e a proximidade aos principais mercados emisores vainos a permitir estar nunha situación de privilexio".Segundo explicou Antonio Rodríguez Osuna, esta previsión parte "do último estudo recente que elaborou o Grupo a través dunha consultora, que nos define ás 15 cidades como obxectivo preferente dos turistas, polo noso rico patrimonio, cunha inmensa actividade cultural nas nosas rúas, que ofrecemos un turismo de experiencias, temos unha magnífica gastronomía e ademais as nosas rúas son museos ao aire libre".