CORONAVIRUS

Restricións vixentes en Santiago dende hoxe, venres 26 de febreiro

26/02/2021 Consulta nos documentos adxuntos as medidas restritivas vixentes na cidade dende hoxe, venres 26 de xaneiro, acordadas pola Xunta de Galicia para conter o avance da pandemia provocada pola COVID-19.

Lembramos as máis salientables:

- Levántase o peche perimetral da cidade. Permítense os movementos a concellos no mesmo nivel de incidencia.

- Xuntanzas de ata catro persoas non conviventes

- Reapertura da hostalería: aforo do 30% no interior e do 50% en terrazas. Só ata as 18.00 horas (agás para recollida).

- Comercio: peche ás 21.30 h. Reapertura dos centros comerciais durante a fin de semana.

- Actividade cultural cun 30% de aforo.

- Deporte: práctica individual ou colectiva (máx. 4 persoas). Apertura de instalacións ao 30% do aforo.

- A USC reanudará as clases o 1 de marzo.

- Toque de queda ás 22.00 h.

Compartir: