ASESORÍA XURÍDICA
- PO 4382/2018, resolto por Sentenza 662/2020;
- PO 4031/2019, resolto por Sentenza 547/2020; e
- PO 4024/2019, resolto pola Sentenza 016/2021
En todos estes PO o obxecto do recurso foi o Acordo plenario na súa totalidade. Ou, como ben puntualiza a Sentenza 547/2020: "a reforma afecta aos usos, en atención á consecución dos referidos obxectivos, eliminando a compatibilidade dos usos residencial comunitario e hoteleiro e impedindo calquera forma de aloxamento turístico ou temporal de corta estancia – inferior a 30 días consecutivos-. E para a regulación dos usos e actividades anteriores ao 3 de decembro de 2015, data de inicio da suspensión, que resulten incompatibles coa nova normativa, o artículo 143 bis permite o seu mantemento coas debidas autorizacións para adaptar a actividade á normativa." É dicir, a modificación implica una prohibición absoluta de novos usos hoteleiros e pisos turísticos; na que o artigo 143 bis viña a fixar un réxime de transitoriedade para aqueles usos previos pendentes de regularización.
As tres sentenzas SALVAN a regulación realizada polo Concello sobre os pisos turísticos.
Nas tres sentenzas o ÚNICO que se anula é o relativo aos aloxamentos temporais e ao réxime transitorio do artigo 143 bis.
Son por tanto aspectos menores:
A anulación puntual do réxime transitorio e aloxamentos temporais é por un motivo meramente formal:
Dado que este artigo 143 bis -e demais referencias aos aloxamentos temporais no resto das ordenanzas do PE-1- foron incorporados ao plan logo da súa exposición pública; entendendo a Sala que constituía unha modificación substancial que obrigaba a unha nova exposición antes da súa aprobación definitiva, estimou o recurso neste punto, declarando a nulidade do artigo 143 bis e demais referencias aos aloxamentos temporais incorporadas logo do trámite de audiencia, salvando o resto da modificación.
Tanto é así que a mera estimación parcial dos recursos derivou na non condena en custas a ningunha das partes.
Certamente a última sentenza, de contido idéntico que as anteriores e co mesmo alcance, non fai esta puntualización, motivo polo que se solicitou aclaración da mesma pola Asesoría Xurídica.
Polo tanto, o veto aos pisos turísticos novos é un feito, está santificado pola xustiza na liña xa resolta polo Tribunal Supremo e o Tribunal de Xustiza da UE. Este goberno ten polo tanto vía libre para seguir coa modificación do PXOM en tramitación, ao mesmo tempo que xa se avanzou que no pleno do mes de febreiro se emendarán os defectos formais sobre os aloxamentos temporais.
Nota aclaratoria a respecto das sentenzas do TSXG sobre pisos turísticos
29/01/2021 Ante as chamadas recibidas na Asesoría Xurídica a respecto das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre pisos turísticos, o Concello de Santiago informa do seguinte:
O acordo do Pleno municipal, de 15.11.2018, polo que se aprobou definitivamente a modificación do Plan Especial da cidade histórica (PE-1), foi obxecto de tres recursos contenciosos ante esta mesma Sección e Sala do TSX, dando lugar aos:- PO 4382/2018, resolto por Sentenza 662/2020;