PLENO

Mañá terá lugar o debate sobre o estado do municipio, que se poderá seguir por streaming

29/01/2021 Mañá, sábado 30 de xaneiro, ás 10:00 horas, terá lugar o debate sobre o estado do concello, o primeiro deste mandato. Os cidadáns que o desexen poderán seguir este Pleno extraordinario a través da web municipal, accedendo a través do enlace que estará visible na portada da páxina.

Este debate está fixado no Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello aprobado en Pleno o 27 de decembro de 2007. Así, establécese que en cada mandato corporativo terán lugar tres sesións extraordinarias dedicadas a este debate do estado do municipio.

Nesta sesión correspóndelle ao alcalde a primeira exposición sobre a situación xeral do Concello e as liñas mestras da súa acción de Goberno. A continuación, someterase a debate a intervención do alcalde, e os diversos grupos consumirán unha primeira quenda na que cada voceiro disporá dun tempo de quince minutos.

A continuación, procederase a unha segunda quenda, dispoñendo cada voceiro de dez minutos para a súa exposición. Finalizada a intervención dos/as portavoces, iniciarase unha quenda de réplica a cargo do alcalde ou alcaldesa ou do membro da Xunta de Goberno que libremente puidera determinar. Finalizada a réplica, levantarase a sesión. Neste Pleno extraordinario non se adoptarán acordos.

Compartir: