CONSORCIO
Co fin de non perder o contacto co público, a Real Filharmomía de Galicia emitirá cada xoves, ás 20:30 horas, un concerto a través da súa canle de Youtube. Serán programas de concertos anteriores e unha selección de grabacións que a orquestra ten no seu arquivo. O primeiro terá lugar mañá xoves.
As persoas que mercaron unha entrada para o concerto desta semana xa recibiron automaticamente a devolución do importe correspondente.
A Real Filharmonía de Galicia cancela todas as súas actividades durante as vindeiras tres semanas debido ás restricións sanitarias
27/01/2021 Con motivo das restricións sanitarias e seguindo o principio de máxima cautela, a Real Filharmonía de Galicia cancelas todos os concertos -tanto no Auditorio de Galicia como por streaming- e toda a actividade que tiña prevista para as vindeiras tres semanas.
Así, non se celebrará o concerto programado co director Felix Mildenberger para este xoves, 28 de xaneiro; tampouco se realizará a gravación do espectáculo didáctico "O grande Beethoven" a primeira semana de febreiro; os concertos co mestre Lars Vogt en Santiago e Ferrol dos días 11 e 12 de febreiro; e tamén se cancela o concerto coa nova principal directora convidada da RFG, a portuguesa Joana Carneiro, do 18 de febreiro.Co fin de non perder o contacto co público, a Real Filharmomía de Galicia emitirá cada xoves, ás 20:30 horas, un concerto a través da súa canle de Youtube. Serán programas de concertos anteriores e unha selección de grabacións que a orquestra ten no seu arquivo. O primeiro terá lugar mañá xoves.
As persoas que mercaron unha entrada para o concerto desta semana xa recibiron automaticamente a devolución do importe correspondente.